Categorías: Actualidade

O PP veta a investigación sobre a xestión das residencias de maiores en Galicia

Marina Ortega censura a falla de transparencia da Xunta ao agochar o número de persoas falecidas en cada centro

Urxe ao goberno galego un protocolo preventivo para enfermidades infectocontaxiosas que “blinde aos maiores” e que elabore “antes de que remate 2021” o novo modelo de residencia

O PP vén de vetar a iniciativa socialista para investigar a xestión das residencias de maiores en Galicia. Fíxoo, hoxe, no Pleno do Parlamento, logo de votar en contra dunha moción do Grupo Socialista presentada pola voceira de Política Social, Marina Ortega.

“Non se trata dun capricho”, reivindicou Ortega, quen esixiu ao goberno galego que elabore “un informe investigador que esclareza o que aconteceu nas residencias de maiores”. “Temos 790 razóns”, sentenciou ao lembrarse das 790 persoas falecidas en residencias de maiores de Galicia.

A responsable socialista instou ao goberno a “non pechar os ollos” ante esta situación, xa que “non podemos correr un tupido velo como pretendeu o goberno galego”. Por iso, pediulle á Xunta que non perda “un minuto sen traballar en esclarecer o que ocorreu nas residencias”.

Nesta liña, pediu á Xunta “que cumpra coas súas obrigas, aportando datos sobre falecementos nas residencias”, xa que é unha cuestión que debe facerse “pola dignidade de falecidos e familias”  e tamén porque “supón un exercicio de transparencia que aportaría información valiosa para traballar na mellora dos centros de atención residencial” e nos permitiría “estar preparados para unha posible situación similar no futuro”.

Neste senso, a voceira socialista urxiu ao goberno galego un “protocolo preventivo” específico que permita actuar ante enfermidades infectocontaxiosas e, deste xeito, “blinde aos maiores”. Así, criticou o proceder da Xunta cando “habendo recursos” e “así se recomendaba” dende o CSIC ou a Secretaría de Estado evitou derivar todos os casos aos maiores infectados a centros de terceiro nivel.

Noutro orde de cousas, Ortega pediu ao goberno galego que incremente significativamente os equipos de inspección de Política Social “para revisar o correcto funcionamento dos centros”.

“O máximo esforzo que fai a conselleira é vir aquí e pedir un aplauso para os profesionais de Galicia cando somos a segunda comunidade autónoma con menos persoal de inspección para residencias de maiores e tamén a comunidade que ten menos porcentaxe de prazas públicas de todo o Estado”, lamentou.

Así, censurou que “a fórmula matemática do goberno galego” que “é igual a máis privatización e menos inspección”, o que “é equivalente a libre albedrío no cumprimento da normativa”, sentenciou.

Finalmente, a voceira socialista instou á Xunta a que elabore “antes de que remate 2021” o novo modelo de residencia e “que este sexa debatido no Parlamento”, xa que se trata dunha “cuestión central no país”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18