Categorías: Actualidade

Noa Díaz insta a CRTVG a crear unha canle Xabarín en TVG

Reivindica a necesidade dunha canle con contidos infantís e xuvenís dentro da oferta da Televisión de Galicia para que a nenez e a mocidade “socialicen en galego”, xa que “é un dereito, non un capricho”

Lamenta que Galicia sexa a única comunidade con lingua propia que carece dunha canle continuada de programación para a nenez

A voceira de Cultura do Grupo Socialista, Noa Díaz, vén de instar, nunha proposta conxunta de PSdeG e BNG, a Xunta e CRTVG que impulsen a canle ‘Xabarín’ de televisión infantil e xuvenil en galego. A proposición non de lei, que nace dunha iniciativa popular impulsada pola Mesa pola Normalización Lingüística, será votada mañá pola Cámara.

Díaz defendeu que a nova canle sexa unha “oportunidade” de que a nosa infancia e mocidade “socialicen en galego”, o que supón “abrirlle todo un abano de posibilidades de goce e diversión na nosa lingua nun momento como o actual no que as pantallas se teñen convertido case nos novos xoguetes das e dos máis pequenos”.

“Con esta proposición que asumimos hoxe as nenas e nenos, e os non tan novos, terán a oportunidade de crecer no seu idioma”, reivindicou a responsable socialista cando, ademais, nos atopamos ás portas da conmemoración do Día das Letras Galegas.

A socialista lamentou que, na actualidade, “o número de series ou películas que poden verse no noso idioma é tan irrisorio que non dá nin para falar de porcentaxes” e, de feito, xa “quedou constancia da inexistencia do galego nas diversas plataformas audiovisuais que existen no Estado”, segundo un recente informe da Mesa pola Normalización Lingüística.

Nexte contexto, Díaz censurou que Galicia sexa a única comunidade con lingua propia que carece dunha canle continuada de programación para a nenez ao tempo que “en Cataluña dispoñen da canle Super3 e en Euskadi teñen Hiru3”. A deputada sinalou ademais que “o goberno vasco e catalán chegaron a acordos coas operadoras Movistar+ e Vodafone TV para que emitan os seus contidos, asegurando así que na ampla oferta destas plataformas audiovisuais tamén se integran os seus idiomas”.

“Galicia non pode quedar atrás”, incidiu Díaz, quen resaltou que as familias queren ter “o mesmo dereito que noutros lugares”, xa que isto “é un dereito, non un capricho” e o mero feito dunha canle con contidos infanto-xuvenís en galego sería “un paso importantísimo para manter o galego vivo e loitar contra a, cada vez maior, desafección da xente nova pola nosa lingua”.

Así, a responsable socialista destacou que “a promoción da nosa lingua en todos os ámbitos e espazos é unha obriga estatutaria do goberno galego”. De feito, subliñou que “é abundante a literatura normativa que recolle a importancia estratéxica do sector audiovisual para a normalización das linguas” e que “garante o dereito da cidadanía de recibir contidos nun contexto de pluralismo cultural e lingüístico”.

Por último, Díaz lembrou que a proposta hoxe aprobada ten o respaldo dunha iniciativa popular presentada pola Mesa pola Normalización Lingüística “que recolle o sentir de moitas persoas” cando se recolleron máis de 33.000 sinaturas en toda Galicia.

“Recuperemos ese sentir de toda unha xeración que a comezos dos anos 90 enganchou cun Xabarín e canturreaba en galego, que sentaba a mirar a Chin Chan en galego. Fagámolo como hoxe, en positivo, entendendo a normalización da nosa lingua como o natural, como a obriga que ten a política de asegurar espazos de socialización e garantir a supervivencia da nosa maior riqueza entre a xente máis nova”, concluíu.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18