Categorías: Actualidade

O PP rexeita retomar a reurbanización de Monteporreiro, paralizada dende hai 8 anos e prometida por Feijóo nos programas electorais de 2016 e 2020

Paloma Castro critica que este proxecto “engrosa a lista de promesas electorais incumpridas polo PP, xunto ao dragado do Lérez, a ampliación de Montecelo, a variante de Alba ou a depuradora de Praceres”

A viceportavoz do Grupo Socialista, Paloma Castro, vén de urxir á Xunta que reactive o proxecto de reurbanización de Monteporreiro, que leva paralizado dende o ano 2013. Fíxoo, hoxe, a través dunha proposición non de lei presentada na Comisión de Obras Públicas do Parlamento, que contou co rexeitamento do PP e coa abstención do BNG.

A responsable socialista denunciou o desleixo da Xunta cun “dos barrios máis poboados de Pontevedra” e esixiu que se retome o proxecto de reforma de Monteporreiro, xa que “malia que a Xunta prometeu 10 millóns de euros nun suposto macroproxecto, só executaron 1,6 millóns”.

Castro lembrou que o goberno galego ”tan só levou a cabo a primeira fase deste proxecto”, realizando unha actuación na rúa Alemaña, o que supón unha fase das catro anunciadas no ano 2012 polo entón conselleiro de Vivenda, o pontevedrés Agustín Hernández. Así, lamentou que “oito anos despois, a Xunta non fixo ningunha actuación máis” e “abandonou este barrio”.

“Iso si, o macroproxecto serviulle ao PP para incluílo no seu programa electoral nas eleccións do señor Feijóo para 2016 e 2020”, aseverou a socialista, quen criticou que o desenvolvemento do mesmo “non está contemplado nos orzamentos” da Xunta para 2021, o que supón “un claro engano á veciñanza do barrio e á cidadanía de Pontevedra”.

Castro lamentou que este proxecto “engrosa a lista de promesas electorais incumpridas polo PP, xunto ao dragado do Lérez, a ampliación de Montecelo, a variante de Alba, a depuradora de Praceres e un longo etcétera”.

Por último, a responsable socialista criticou a política de “balóns fóra do PP”, que “culpa agora ao Concello de Pontevedra da falla de investimentos da Xunta na cidade”. Nesta liña, esixiu ao portavoz do PP no Concello de Pontevedra, Rafa Domínguez, “que lle dea explicacións á veciñanza do barrio sobre a postura da Xunta e dos seus compañeiros do PP no Parlamento de Galicia” cando votan en contra dun proxecto coma este.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28