Categorías: Actualidade

O PP rexeita ofrecer unha “solución” ao alumnado con discapacidade de máis de 21 anos escolarizado en centros de educación especial

Noa Díaz urxe á Xunta a permitir o vindeiro curso, como medida excepcional xa tomada no presente, a escolarización nos centros de educación especial de rapazas e rapaces de 70 familias galegas

O PP rexeita ofrecer unha “solución” ao alumnado de máis de 21 anos e con necesidades educativas especiais que se atopa “sen alternativas” debido á falla de prazas en centros de día e residencias. Ocorreu, hoxe, logo de que o Grupo Popular votase en contra dunha proposición non de lei neste senso, defendida pola voceira de Cultura do Grupo Socialista, Noa Díaz.

“Por que as persoas con algún tipo de discapacidade non teñen os mesmos dereitos que as persoas que non as temos? Por que o común dos mortais podemos continuar co noso desenvolvemento vital sen límite de idade e as persoas con discapacidade ven truncadas as súas posibilidades, non só formativas, senón neste caso vitais?”, cuestionou Díaz.

Así, a voceira socialista lembrou que en Galicia “non hai ningún tipo de servizo asistencial, socioeducativo ou residencial” para este colectivo, o que supón unha “discriminación” que afecta, agora mesmo, a 70 familias que están “desatendidas” e, “a tres meses de que comece o curso, non ven a luz ao final do túnel”.

“Atópanse sen resposta, e digo isto de maneira literal, porque a Plataforma de Anpas de CEE de Galicia leva agardando dende o mes de marzo por unha xuntanza coa Consellaría de Cultura, Educación e Universidade, que nos consta que pediron en máis dunha ocasión, e coa que nós xa nos reunimos en varias ocasións”, lamentou.

Ao fío disto, subliñou a socialista, estes rapaces e rapazas precisan unha “solución urxente”, dado que, na actualidade, as listas de agarda para centros de día ou asistenciais “se alongan ata os dous anos” e máis tendo en conta que a lexislación actual “apela á flexibilidade para adecuar a educación á diversidade” e a “asegurar os recursos necesarios” para que o alumnado que requira unha atención educativa diferente á ordinaria poida acadar “o máximo desenvolvemento posible das súas capacidades”.

É por iso que Díaz urxiu á Xunta a permitir, como alternativa temporal para o vindeiro curso, a escolarización nos centros de educación especial ao alumnado que o solicite, como xa se fixo o curso pasado como medida excepcional dadas as particularidades organizativas dos centros escolares por mor da pandemia, unhas condicións que parece que se van manter no vindeiro curso.

Por último, a responsable socialista apelou a unha maior “coordinación” entre as consellerías de Educación e Política Social, de xeito que se poidan “establecer protocolos” para desenvolver servizos de terapia ocupacional que faciliten o desenvolvemento persoal e a inclusión desta mocidade. “É unha cuestión de xustiza social” e “tamén unha situación de emerxencia”, concluíu.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13