Categorías: Actualidade

O PP rexeita a proposta socialista para instar á Xunta a asumir o financiamento dos conservatorios profesionais

Noelia Otero censura a negativa do Partido Popular a unha “demanda histórica” que permitiría “acabar co agravio comparativo a distintos niveis que padecen as e os estudantes galegos de música” segundo o concello no que vivan

A voceira socialista cualifica como un “exemplo de arbitrariedade absoluta na xestión de recursos públicos” a achega de máis dun millón de euros destinados polo goberno galego a impulsar un novo conservatorio de Begonte

O PP rexeitou hoxe a proposta socialista para instar á Xunta a asumir o financiamento dos conservatorios profesionais, tal e como xa lle solicitara a Fegamp. Fixo no Pleno do Parlamento, tras votar en contra dunha proposición non de lei do Grupo Socialista, defendida pola voceira de Educación, Noelia Otero.

Con todo, a deputada socialista denunciou o “desleixo” e “abandono” da Consellería de Educación con respecto aos conservatorios profesionais de música que está orixinado un “desequilibrio territorial”.

Ante isto, Otero urxiu ao Executivo galego a asumir unha “demanda histórica” e “acabar co agravio comparativo a distintos niveis que padecen as e os estudantes galegos de música” segundo o concello no que vivan, xa que 7 conservatorios, os das principais cidades de Galicia, son xestionados pola Xunta; mentres que o resto, máis de 25 situados en concellos de menor tamaño, son xestionados polas administracións locais.

“Os conservatorios que dependen dos concellos supoñen unha carga moi importante nos orzamentos municipais”, alertou Otero, quen puxo en valor que, malia isto, os pequenos municipios “suplen a deficiente atención que a administración autonómica presta á formación musical do alumnado”, unha cuestión que é competencia autonómica.

Con todo, incidiu, “o desleixo da Consellería afecta tamén aos conservatorios da súa xestión e competencia”, como é o caso do de Vigo, xa que, a pesares de ser “un centro de ensino imprescindible” que cada ano acolle a 300 estudantes de diversas nacionalidades, “tivo que sufrir durante anos unha degradación permanente sen que a Xunta teña tomado ningunha medida para solucionar os problemas estruturais do edificio”.

CONSERVATORIO DE BEGONTE: “UNHA TOMADURA DE PELO DAS GORDAS”

Por último, a responsable socialista aludiu á polémica xerada pola Xunta no Concello de Begonte onde achegou un millón de euros “para adaptar un aula musical que xestionará unha asociación” despois de ter pechado “en conivencia co alcalde popular” o colexio de Baamonde e “ignorar a indignación e o que teñen pasado as veciñas e veciños”.

O acontecido, incidiu, “é unha tomadura de pelo das gordas e un exemplo de arbitrariedade absoluta na xestión dos recursos públicos, no trato caciquil aos concellos galegos segundo as cores políticas e do desmantelamento da educación pública no rural”, xa que o presidente da asociación que vai xestionar o conservatorio “é irmán dun dos membros do goberno local de Begonte, un dos concelleiros do PP que votou a favor do peche da escola”. Esta actuación é “inxustificable” cando ademais “a Xunta non quixo buscar fórmulas de colaboración para que convivisen escola e conservatorio”, concluíu.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23

Silvia Longueira reclama un novo modelo de atención temperá ampliando o servizo de acordo co sector asociativo

Apunta ao reaxuste do modelo como “momento óptimo para atender ás demandas de tódalas asociacións que traballan pola plena inclusión”…

14/05/2024 14:19

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00