Categorías: Actualidade

O PP recúa e xa non quere un Plan Integral de Turismo para Galicia

Lara Méndez esíxelle ao PP e ao goberno galego que expliquen o cambio no sentido do voto en só 6 meses para negarse agora a impulsar ao sector nesta Comunidade Autónoma

 

A portavoz de Turismo do Grupo Socialista, Lara Méndez, lamentou hoxe o cambio no sentido do voto do PP, que hai 6 meses apoiaba no Parlamento unha iniciativa para pedirlle ao goberno un Plan Turístico Integral que aquel grupo rexeitou hoxe en Comisión. Méndez presentou esta iniciativa logo de medio ano no que “non sabiamos nada do que fixeran para levar adiante este Plan a favor do turismo sostible”.

 

Esixiulle ao PP que expliquen “por que ese cambio” no sentido do voto, co que abandonan ao sector turístico precisamente cando 1 de cada 4 hoteis ou casas de turismo rural están en perigo de peche. Desbotou as críticas do portavoz do PP, Borja Verea, que sinalaba que a mesma iniciativa fora presentada hai 6 meses cando el mesmo, lembrou Méndez, presentou en tres ocasións a mesma iniciativa sobre o Xacobeo 27 sen que iso supuxera o cambio do sentido do voto do Grupo Socialista.

 

Méndez urxiu ao goberno galego a superar a súa “visión curtopracista” e reivindicou unha estratexia a medio e longo prazo para adiantar a acción do goberno ás necesidades e demandas do sector turístico, impulsando o relevo xeracional tamén na hostalería.

 

Trasladou o seu apoio ao impulso do Xacobeo mais, dixo, non debe ser a única liña de actuación na estratexia turística de Galicia, “o Camiño si, pero non solo”, resumiu. Lembrou que Galicia ten potencialidades medioambientais, históricas ou gastronómicas abondo para ir “máis aló” da ruta Xacobea. “Galicia necesita unha planificación turística que teña en conta a súa estrutura económica, social, cultural, natural e humana”, resumiu.

 

A deputada do PSdeG cualificou de “imprescindible” contar cun plan turístico que aborde de xeito integral o desenvolvemento do sector, xa que “non pode haber un crecemento sostible sen fixar obxectivos e trazar liñas de actuación”, como tampouco sen identificar e priorizar produtos, servizos e destinos turísticos chave.

 

Ademais, apuntou, esa planificación “debe estar coordinada cos diferentes axentes turísticos, co sector privado e coa sociedade civil”, a fin de “maximizar os beneficios para a poboación local ao tempo que se minimizan os impactos negativos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O Grupo Socialista lamenta que o conselleiro de Sanidade ataque aos facultativos de Cervo que avisaron da redución dos servizos médicos no verán

Lara Méndez puntualiza que a xerencia da Área Sanitaria “non dixo nunca que fora mentira,…

09/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista reclámalle ao Sergas un Plan de reforzo sanitario para o Salnés no verán

Paloma Castro considera “inadmisible” que a sanidade funcione “a medio gas” nun dos principais destinos…

09/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista acusa ao goberno galego de “tomarlle o pelo” a Carballo logo de 17 anos adiando a circunvalación de Bértoa

Patricia Iglesias denuncia a “inacción vergoñenta” do goberno galego, que non fixo “nada de licitación,…

09/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista alerta de que o novo concurso de transporte escolar replica as eivas do modelo anterior que acabou denunciado diante da Valedora

Julio Abalde esíxelle á Consellería de Educación que utilice o novo contrato para “esixir un…

09/07/2025
  • Secretaría Xeral

Besteiro acusa a Rueda de esconder unha axenda ultra e deixarse levar por “a doutrina Abascal, a receita Aznar e o modelo Rato”

O líder do PSdeG advertiu na súa pregunta ao presidente da Xunta de que “esa…

09/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista empraza ao PP a apoiar e colaborar co Estado no recoñecemento da Illa de San Simón e do Pazo de Meirás como Lugares de Memoria

Paloma Castro considera unha “profanación da historia” e unha “falla de respecto” que o goberno…

08/07/2025