Categorías: Actualidade Secretaría Xeral

Besteiro denuncia na Pobra as falsidades de Rueda con Altri: “Non é un proxecto sostible, nin un proxecto de futuro, é simplemente unha gran mentira”

O secretario xeral do PSdeG participou na manifestación contra Altri na Pobra e acusou ao PP de actuar como axente comercial dunha empresa privada, esquecendo os intereses de Galicia

O secretario xeral dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, participou este sábado na manifestación contra o proxecto de Altri na Pobra do Caramiñal, onde denunciou “a gran mentira de Altri e do Partido Popular” e acusou directamente ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, de “poñerse do lado da empresa e non da xente”.

Besteiro insistiu en que o proxecto “non é sostible desde ningún punto de vista: nin económico, nin medioambiental, nin social”. E lembrou que “desde o PSdeG sempre defendemos que a sustentabilidade real debe cumprir esas tres patas. E Altri, con todo o que sabemos na actualidade, coxea das tres”.

“Presentáronnos no ano 2021 unha suposta factoría de fibras bioecolóxicas e modernas, e o que temos agora enriba da mesa é unha macrocelulosa con numerosos condicionantes medioambientais e moitas sombras económicas e sociais”, explicou.

O líder socialista criticou que se pretenda financiar con fondos públicos un proxecto destas características: “Queren 250 millóns de euros de fondos europeos a fondo perdido. Diñeiro de todos os galegos e galegas para unha proposta que nin é innovadora nin serve ao interese do país”.

Tamén puxo o foco na “falsidade do impacto social prometido”. “Falaban de 2.500 empregos e agora escasamente chegan a 500”, indicou, sinalando que “o Partido Popular actuou como un verdadeiro axente comercial de Altri, esquecendo completamente a súa obriga de defender o interese público”.

Na súa intervención, Besteiro advertiu: “Non é un proxecto sostible, nin un proxecto de futuro. É simplemente unha gran mentira. E aínda estamos esperando que o señor Rueda nos explique por que considera estratéxico este proxecto para Galicia.”

A manifestación contou cunha ampla e nutrida representación de socialistas de toda Galicia, encabezada por José Ramón Gómez Besteiro, con participación de membros da Executiva, representantes das Xuventudes Socialistas, deputados e deputadas, así como numerosos alcaldes e alcaldesas, entre outros cargos.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

Torrado carga contra o plan de Rueda para as baixas: “En vez de preocuparse polas causas, ataca a traballadores e sanitarios”

Criticou o clasismo do PP e advertiu que un dos sectores con máis incapacidades laborais…

22/04/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia que “a saúde mental en Galicia é un dereito privatizado” reservado “a quen pode pagarse unha consulta”

Julio Torrado critica que o PP acepta esperas de un ano para Psicoloxía “porque non…

22/04/2026
  • Actualidade

Dacosta: “Brigadas de 1.200 euros e tres meses de contrato mentres 200 millóns de prevención quedan sen executar, así funciona o PP”

A deputada denuncia que as franxas secundarias comprometidas no convenio de 2025 quedaron sen limpar.…

22/04/2026
  • Actualidade

O PSdeG denuncia a “censura franquista” da Xunta a un encontro de educadores por falar do xenocidio de Gaza

Aitor Bouza critica que o Goberno galego alegue unha pretendida falta de neutralidade ideolóxica para…

22/04/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia “uso discrecional e partidista” do canon da auga por parte do PP e esixe reverter a metade da recadación nos concellos de orixe

Lara Méndez denuncia que a Xunta utiliza aos Concellos como “cobradores do frac” para recadar…

21/04/2026
  • Actualidade

Lara Méndez critica a convocatoria dunha praza pública da Xunta que “parece feita á medida” da concelleira tránsfuga de Lugo, e que de demostrarse “non é política: é corrupción”

Cualifica de “indecencia” o “mercadeo en directo” por parte do PP para impulsar unha moción…

21/04/2026