Julio Abalde empraza á conselleira de Medio Ambiente a explicar as previsións para a industria situada na costa, as máis de 4.000 edificacións situadas no litoral ou o saneamento da costa
O parlamentario socialista Julio Abalde emprazou hoxe ao goberno galego a exercer a competencia de xestión do litoral con “coordinación real e non formal” con concellos, deputacións e goberno central, dando paso ademais aos sectores económicos e sociais implicados. Así o dixo na comparecencia da conselleira de Medio Ambiente no Pleno do Parlamento logo de ter asumido a competencia da xestión do litoral, a primeira competencia transferida en 16 anos.
O responsable socialista advertiu que o litoral “só pode acadar o seu máximo desenvolvemento se existe unha óptima coordinación entre as diferentes consellerías, inicialmente entre as de Medio Ambiente e do Mar, pero tamén con outras administracións”. Ademais, advertiu da importancia de dar cabida aos sectores económicos implicados nun “ecosistema complexo onde se sitúa a maior parte da poboación galega e gran parte dos sectores sociais e económicos de Galicia”.
Reclamoulle ao goberno galego que explique o que vai facer coas máis de 4.000 construcións situadas no dominio marítimo terrestre “fóra de norma”, que expliquen tamén os seus plans para a novas concesións turísticas, ou as concesións de instalacións de acuicultura. Reclamoulle que explique como abordará por exemplo a situación de Ence ou das industrias situadas na cosa, así como os problemas do saneamento e a protección medioambiental.
Lembrou que esta competencia afecta tamén aos bens patrimoniais e culturais marítimos e á ordenación da fronte costeira de toda Galicia, que afecta aos Plans de Ordenación Urbanística dos concellos costeiros.
A deputada socialista valora que a nova estratexia galega conte con dotación económica pero advirte…
Carmen R. Dacosta sinala que Educación “non está á altura” ao negarse a tomar medidas…
Silvia Longueira, sobre a “desideoloxización a través do tempo” da figura do político e artista…
O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, puxo en valor nunha reunión con…
Patricia Iglesias esíxelle á conselleira de Industria que asuma as consecuencias da súa “inacción prolongada”…
Patricia Iglesias reclamoulle á Xunta que execute as reformas máis urxentes antes do vindeiro curso…