Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista denuncia que a Xunta discrimina á comarca de Bergantiños ao negarse a axilizar a ampliación do Polígono de Bértoa -Carballo-

Patricia Iglesias critica a “hipocrisía” do portavoz do PP no Concello, que hoxe votou en contra da proposta para esixir o compromiso da Xunta

 

A portavoz de Industria do Grupo Socialista, Patricia Iglesias, acusou hoxe ao goberno galego de discriminar á comarca de Bergantiños ao negarse a axilizar e comprometer datas para a ampliación do Polígono de Bértoa -Carballo-. A responsable socialista presentou unha iniciativa neste sentido na Comisión de Industria do Parlamento que foi rexeitada polo PP.

 

Iglesias sinalou a “hipocrisía” do portavoz do PP en Carballo, que hoxe defendeu como deputado no Parlamento o voto en contra do seu partido. Sinalou a diferenza no seu sentido do voto entre o Concello e o Parlamento, como fixo coa ampliación da AG-55, que no Concello apoiou e no Parlamento rexeitou, ou cando votou en Santiago contra a ampliación do persoal docente para necesidades especiais e un novo orientador no colexio de Bergantiños e no Concello abstíñase.

 

A responsable socialista salientou que, segundo os anuncios da directora xeral de Estratexia e Solo Industrial, e seguindo os mellores prognósticos, a ampliación do Polígono tería lugar nun prazo mínimo de 5 anos. Mentres tanto, dixo, a comarca vai perder crecemento industrial e empregos cualificados, xa que nestes momentos non queda chan dispoñible polo desleixo do goberno galego.

 

Sinalou que os contratos para a redacción dos proxectos para a expropiación de terreos no Polígono por parte do IGVS -que figuran na plataforma de contratos da Xunta- levan paralizados dende hai un ano e catro meses cando se trata de “expedientes de contratación ordinarios”.

 

Reclamoulle ao goberno galego que se comprometa de forma “firme e sen condicionamentos” a axilizar a ampliación do Polígono de Bértoa, unha necesidade reivindicada polos propietarios do Polígono e a propia Confederación de Empresarios de Galicia. Sinala que con esta iniciativa a comarca “gaña en competitividade industrial, empregos cualificados e mellor remunerados e calidade de vida e benestar par Bergantiños e a Costa da Morte.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Secretaría Xeral

Besteiro advirte que a dereita quere impugnar os avances dos últimos sete anos e chama a relanzar o proxecto de goberno coa igualdade no centro de acción política

O secretario xeral do PSdeG aposta por relanzar a acción de Goberno, tomar a iniciativa…

05/07/2025
  • Secretaría Xeral

Besteiro: “Este Comité Federal é unha oportunidade para reorganizarnos e reforzarnos como partido

O secretario xeral do PSdeG participa este sábado en Madrid no Comité Federal do PSOE,…

04/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista esixe dende o Parlamento a paralización inmediata do traslado do servizo de partos ao novo paritorio provisional do CHUO

Carmen R. Dacosta presenta unha batería de iniciativas parlamentarias para frear a decisión do Sergas…

04/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista acusa ao responsable da loita contra a violencia de xénero de “secundar a vergoñenta resposta do goberno galego” diante do “Caso Villares”

Paloma Castro critica que o presidente da Xunta respondera a unha denuncia por agresión sexual…

04/07/2025
  • Actualidade

Lara Méndez: “Se o PP fose coherente, a súa ponencia titularñiase “programa para desmantelar dereitos e sementar odio”

A secretaria de Organización do PSdeG denunciou que o PP “quere borrar o galego”, pretendendo…

03/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista empraza ao PP a actualizar as normas da Comisión do Consello de Contas para incrementar os debates e adiantar o Plan de Traballo do ente fiscalizador

Elena Espinosa reclama fiscalizar un informe sobre as subvencións “a dedo” concedidas polo PP dende…

03/07/2025