Categorías: ActualidadeNovas

O PP négase no Parlamento a atender as demandas da hostalaría e vota en contra da proposta do Grupo Socialista para abrir de inmediato unha liña de axudas para o sector

Leticia Gallego lamenta que, tras a xestión caótica da desescalada, o PP rexeite pactar cos representantes do sector un mecanismo de compensación polas perdas derivadas das restricións pola pandemia

A portavoz de Comercio e Turismo do Grupo Socialista, Leticia Gallego, lamentou hoxe que o Partido Popular siga negándose a dar resposta ás demandas do sector da hostalaría para establecer de maneira inmediata unha liña de axudas que permita compensar as perdas derivadas das restricións impostas pola covid.

O PP votou esta mañá en contra dunha iniciativa do Grupo Socialista na que se recollían as demandas trasladadas polo sector e na que, de maneira específica, tamén se lle reclamaba ao goberno galego unha especial atención aos locais de ocio nocturno.

“Esta é”, sentenciou Gallego, “a verdadeira demostración do apoio que o Partido Popular lle dá a un dos sectores máis castigados pola vergoñenta improvisación da Xunta neste último ano e medio: nada de nada”. A situación resulta incluso “máis grave e lamentable” tendo en conta que a Xunta nin sequera ten a responsabilidade de “reparar o dano que lle ten feito ao sector coa xestión caótica levada a cabo ata o momento”.

Na súa intervención, a deputada socialista incidiu en que para afrontar unha situación excepcional, con medidas excepcionais, débense establecer políticas especiais. Neste caso, a proposta do PSdeG pasa por establecer unha liña de axudas dirixidas aos negocios de hostalería afectados polas restricións na quinta vaga da pandemia.

Ao mesmo tempo tamén se lle solicita ao goberno galego que pacte cos representantes do sector o mecanismo e o cálculo para compensar as perdas derivadas das restricións e que se lle preste unha atención prioritaria ao ocio nocturno.

Segundo os datos da asociación Galicia de Noite, estes negocios apenas facturaron o 6,37% do que ingresaran a estas alturas en 2019 e ademais, o seu volume de facturación en está “moi por debaixo” da media nacional, que é do 11,46%.

ENFOQUE DISTINTO PARA AS RESTRICIÓNS

A maiores, Gallego recordou que o avance do Plan Nacional de Vacinación, co 70% da poboación vacinada, permite comprender que “a situación epidemiolóxica, sendo complexa, ten características distintas respecto das anteriores vagas sufridas”.

Así, a parlamentaria do PSdeG fixo un chamamento a “afrontar a situación epidemiolóxica e as medidas a tomar con un enfoque distinto que o realizado ata o de agora, axustando a busca e control nos contornos de maior fluidez de contaxios, e tratando de non culpabilizar e sentenciar a un entorno concreto, como pode ser a hostalería”.

Nesta liña, incidiu en que “temos que ir cara menos restricións na hostalería, xa que a gran maioría da poboación está vacinada” e reclamou que “as medidas que se tomen que sexan para quedarse e non para cambiar cada semana”.

XESTIÓN CAÓTICA DA DESESCALADA POR PARTE DA XUNTA

Ao fío disto, Leticia Gallego lembrou que “as políticas das Xunta de Galicia respecto á desescalada na hostalería ata o de agora foron incoherentes, chapuceiras e froito da improvisación na que está sumida o goberno do señor Feijoo”.

Por iso, apelou ao presidente da Xunta para que “agora que volve das vacacións aprobe de forma inmediata un protocolo de medidas anticovid estables, que non muden cada semana e que sexan pactadas con toda a hostalería”.

Así, tal e como demanda o sector, Gallego defendeu que os cambios de restricións non deberían realizarse os sábados senón os luns, “para que non afecte ás provisións que realizan os locais en fin de semana”. Ademais, reivindica “establecer o máximo de capacidade nas terrazas de todos os locais de hostalaría e ampliar os aforos e horarios con medidas estables para que se leven a cabo tanto no interior coma no exterior dos negocios”.

Ao fío disto tamén lle reclamou á Xunta de Galicia que “deixe de demonizar ao sector -como manifestou o TSXG cando declarou ilegal o pasaporte covid- e que despregue un conxunto de axudas para que a hostalería poida seguir adiante e adaptarse aos novos protocolos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24