Categorías: Actualidade

O PP négase a dotar de medios e recursos humanos para desbloquear o “colapso” dos Servizos Provinciais de Patrimonio

A voceira socialista de vivenda, María Pierres, lamentou o veto do PP á proposta socialista para desbloquear e dotar de medios e recursos humanos aos servizos provinciais de Patrimonio. Pierres presentou unha proposición non de Lei no Pleno do Parlamento celebrado hoxe, para resolver a “falla de coordinación entre servizos e a inexistencia dun compendio de criterios comúns de actuación”, pero que foi rexeitada polo PP.

A representante socialista advertiu que estes servizos atópanse “sobrepasados, con retrasos que siguen sendo de varios meses na emisión de informes de obras en vivendas e pola evidente carencia de persoal contratado e suficientemente cualificado ”.

Lamentou que o PP confíe nos efectos da recentemente aprobada lei de Rehabilitación, para non reforzalos, cando coa propia Lei de Patrimonio Cultural xa se demostrou que os concellos prefiren seguir delegando na Xunta este tipo de informes e concesión das licenzas, pola incapacidade propia para afrontar cargas de traballo para as que carecen de persoal suficiente.

Denunciou que non é posible que “nuns servizos se contemplen solucións arquitectónicas ou a idoneidade de materiais e noutros non”. Propuxo como exemplo o caso de Pontevedra, no que as queixas son constantes pola indefinición dos seus informes, a disparidade de criterios, e na que “se denegou a atención presencial aos cidadáns interesados en adquirir ou promover obras que afecten á rehabilitación dunha propiedade competencia de patrimonio”.

Pontevedra

Lamentou o “desánimo xeralizado” no servizo de Pontevedra no que “toda consulta dirixida a este Servizo Provincial ten que facerse por escrito, o que dificulta e limita a capacidade da consulta”. Amosou a súa sorpresa ante a negativa deste Servizo a atención presencial, “dificultando esta cuestión a uns galegos sí, no servizo provincial de Pontevedra, e o resto de galegas e galegos non”.

Sinalou a intención socialista de “dotar do persoal suficiente, dos medios electrónicos, das medidas de transparencia e da implantación dunha plataforma dixital que permita o seguimento e axilización da tramitación”. Sinalou o seu apoio ante a existencia de “atención á resolución de dúbidas, tanto presencial como telefónicamente, co fin de favorecer a transparencia, axilización e efectividade dos proxecto tramitados no Servizo”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02