Categorías: Actualidade

O PP négase a analizar os resultados reais das fusións de Oza – Cesuras e Cerdedo – Cotobade

A portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, reclamoulle hoxe ao goberno galego que realice un informe fiscalizando os resultados “reais” da fusión dos concellos de Oza – Cesuras e de Cerdedo – Cotobade, consolidadas nos anos 2013 e 2016, respectivamente. A responsable socialista presentou unha proposición non de Lei neste sentido que foi rexeitada polo PP.

Rodríguez Rumbo preguntoulle ao Grupo Popular “que é o que teñen que agochar” para impedir que o goberno galego presente publicamente o resultado de dúas fusións que foron presentadas no seu momento polo presidente da Xunta como a gran esperanza do municipalismo.

“Onde está a xestión eficaz e eficiente dos recursos públicos que tanto nos vendían”, sinalou, para subliñar que “llelo vou dicir eu: publicidade e propaganda, porque vostedes todo o que presentan é fume e propaganda, encántalles facer que fan cousas, pero á hora da verdade nada de resultados”.

Rodríguez Rumbo reclamáballe hoxe ao goberno galego un informe cos resultados da eficiencia e eficacia acadadas na prestación de servizos municipais dos concellos fusionados, en relación cos prestados antes da fusión, así como dos recursos achegados pola administración autonómica ás dúas entidades, con relación cos achegados a cada un dos concellos antes da fusión. O dito informe debera ser realizado antes de xullo e presentado no Parlamento.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28