Categorías: Actualidade

O PP mantén o bloqueo sobre a Lei de Protección dos Animais de Compañía

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, lamentou hoxe o veto do PP a unha moción socialista para desbloquear a Lei de Protección e Benestar dos Animais de Compañía. Vilán presentou unha iniciativa no Pleno do Parlamento para instar á Xunta a cumprir coa Lei, controlar o seu incumprimento e desenvolver a norma de 2017, que ten superado longamente o prazo de 12 meses para aprobar o Regulamento.

A responsable socialista responsabilizou ao goberno galego do “incumprimento descontrolado” do texto, con sucesos como o recente ataque de 5 cans de raza perigosa a unha veciña de A Estrada no pasado verán. O propietario dos animais contaba con diversas denuncias no Seprona dende o ano 2016, que non puido facer nada diante do incumprimento da Lei polo goberno e o Concello, máis preocupados en “botar balóns fora” ata que tivo lugar o lamentable desenlace.

Advertiu que a falla de desenvolvemento regulamentario da norma aboca a un limbo legal á actividade empresarial veterinaria, atenazada por criterios, requisitos e obrigas esixidas pola Lei, que lles remite a un Regulamento que “sinxelamente non existe”. Así sucede por exemplo, explicou, co artigo 10 que remite ao Regulamento para fixar os requisitos e obrigas dos centros veterinarios, ou o artigo 15 que determina os métodos autorizados para a eutanasia animal.

Vilán urxiu ao goberno galego a desenvolver o Regulamento da Lei antes de que remate o período de sesións, no mes de xullo, xa que se trata da “única e exclusiva responsabilidade” do goberno galego.

Financiamento das canceiras

Os socialistas galegos tamén reclamáronlle á Xunta que se encargue do financiamento das canceiras, mentres recae sobre a Fegamp, concellos e deputacións os encargados de xestionalas. A propia FEGAMP  cifra que cada concello galego precisa entre 200.000 e 50.000 euros para operar, aínda que a consellería so da 100.000 para os 313 concellos galegos.

Finalmente, insta ao goberno galego a traballar en colaboración coa Oficina Internacional de Epizootías da OIE no relativo ás enfermidades animais transmisibles aos seres humanos e “adoptar as medidas de prevención necesarias para combatelas en Galicia”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18