Categorías: Actualidade

Aprobada a nosa proposta para acadar un Pacto Galego contra a Violencia Machista

O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou hoxe unha proposición non de Lei presentada polos socialistas para impulsar un Pacto Galego contra a Violencia Machista. A portavoz de Igualdade, María Pierres, subliñou que este acordo inclúe “rexeitar a adopción de calquera tipo de acordo con formacións que expoñen a supresión ou redución das medidas de protección das mulleres”.

A responsable socialista  portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, María Pierres, criticou hoxe os “titubeos ideolóxicos” do PP dende a chegada do seu novo líder Pablo Casado, contra a Lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo, pretendendo que “permanezamos impasibles” mentres emiten “mensaxes que ameazan moi gravemente os avances en materia de igualdade”.

Alertou da deriva machista daquel partido logo de ter acadado un acordo de goberno en Andalucía con formacións políticas contrarias ás medidas de prevención e loita contra a violencia machista e, agora, coa súa intención manifesta de restaurar a Lei do Aborto de 1985. Advertiu que “relacionar o problema demográfico co recorte en liberdades e dereitos das mulleres é totalmente inmoral e unha absoluta irresponsabilidade”.

Acusou ao PP de utilizar a maternidade como “escusa para xustificar prexuízos de índole moral”, e considerou “unha mágoa que sexan vostedes os que non sexan capaces de poñer ás mulleres máis alá das negociacións, dos pactos e dos prexuízos”. “Desde o Grupo Socialista –sinalou- estaremos sempre cos dereitos das mulleres e non imos permitir que se dea nin un só paso atrás en materia de igualdade”.

Pacto Galego

Pierres reclamou un Pacto Galego contra a Violencia Machista, e o impulso dende Galicia ás medidas incluídas no Pacto de Estado para “combater o terrorismo machista” derivado dunha “cultura e educación profundamente antidemocrática e que parte da idea da superioridade do home sobre a muller”. Rexeitou ademais “calquera posicionamento político que propugne a eliminación ou minoración das medidas de protección das mulleres”.

Os socialistas urxen ao goberno galego a impulsar a aplicación da lexislación estatal e galega de medidas de prevención e tratamento da violencia de xénero, coa colaboración de tódalas administracións. Tamén reclaman o cumprimento do Convenio de Estambul aprobado polo Consello de Europa sobre prevención e loita contra a violencia contra as mulleres e a violencia doméstica.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento galego reafirma o seu compromiso coa igualdade e contra a violencia machista, así como coa consecución inmediata dun Pacto galego contra a violencia machista, e insta á Xunta de Galicia a:

  1. Impulsar decididamente as medidas contidas no Pacto de Estado en materia de Violencia de Xénero, aprobado no Congreso e no Senado, co obxectivo de combater o terrorismo machista, que ten o seu caldo de cultivo nunha cultura e educación profundamente antidemocrática e que parte da idea da superioridade do home sobre a muller.

1.2 Para iso a Xunta de Galicia comprométese a remitir, ou incorporar como addenda no vindeiro informe anual que se elabora ao abeiro da Disposición Adicional Cuarta da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero información detallada sobre a concreción das actuacións financiadas polo Estado, de forma que se poida avaliar o alcance da aplicación do Pacto Estatal por parte dos ámbitos implicados na prevención e no tratamento da violencia machista.

  1. Manifestar a súa repulsa a todas as manifestacións da devandita violencia, o seu compromiso coas vítimas e declarar tolerancia cero cos maltratadores.

  1. Expresar o seu rexeitamento a calquera posicionamento político que propugne a eliminación ou minoración das medidas de protección das mulleres fronte á violencia machista, así como o drama social e as consecuencias que ten para as vítimas.

  1. Rexeitar a adopción de calquera tipo de acordo, explícito ou implícito, con formacións que expoñen a supresión ou redución das medidas de protección das mulleres, dando así cobertura a políticas irresponsables que levan un altísimo risco de agravar o problema.

  1. No marco do reforzo das iniciativas para combater esta secuela, comprometerse a impulsar a aplicación da Lei Orgánica de Medidas de Protección Integral contra a Violencia de Xénero 1/2004 e a Lei 12/2006, do 22 de xullo, de modificación da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a Prevención e o Tratamento Integral da Violencia de Xénero, en coordinación con todos os poderes públicos, tanto locais como autonómicos e estatais.

  1. Para o seguimento por parte do Parlamento Galego, a Xunta de Galicia comprométese a facilitar o punto 1.2, así como un debate anual ao respecto, conforme comprometido verbalmente polo Vicepresidente da Xunta de Galicia.

  1. Garantir o cumprimento do Convenio do Consello de Europa sobre prevención e loita contra a violencia contra as mulleres e a violencia doméstica, coñecido como o Convenio de Estambul, en vigor dende o 1 de agosto de 2014.

  1. Iniciar, durante o primeiro semestre do ano 2019, a posta en marcha dos acordos parlamentarios tomados o 12 de abril e o 11 de setembro de 2018, acerca da elaboración dunha macroenquisa galega sobre a incidencia das violencias machistas ao longo do ciclo da vida das mulleres, e dar conta e facer partícipe da elaboración desta á Comisión non Permanente de Estudo para a Igualdade e para os Dereitos das Mulleres”.
Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18