Categorías: Actualidade

O PP, en “pánico electoral” e “dispostos a todo”

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, advertiu hoxe que o PP está “en pánico diante das próximas eleccións e demóstranse dispostos a todo”. Isto inclúe, dixo, facer unha modificación orzamentaria unilateral de 48 millóns de euros para prometer obras en “50 ou 60 concellos” antes das eleccións a través da Lei de suplemento de crédito, que están a confundir deliberadamente co superávit orzamentario.

Así o dixo logo dunha reunión da Xunta de Portavoces do Parlamento que forzaron os socialistas esta mesma tarde ao solicitar que reconsideraran darlle un trámite ordinario a esta Lei. O Goberno galego presentouna polo procedemento de lectura única, sen máis debate que o que terá lugar mañá martes, impedindo así as aportacións do resto dos grupos parlamentarios a través de emendas.

Leiceaga advertiu que se trata dunha “cuestión de oportunidade política, que reduce as capacidades de intervención da oposición, devalúa ao Parlamento e impide que poidamos facer o noso labor de mellorar as contas públicas para mellorar a vida aos cidadáns”. Sinalou que o Parlamento “non debera de prestarse a este xogo” do PP de utilizar a maioría “ao servizo da súa estratexia electoral” evitando ao tempo que os grupos coñezan o estado dos créditos de gasto.

Emenda á totalidade

O portavoz socialista presentará así no debate de mañá unha emenda á totalidade desta Lei incluíndo un texto alternativo para mellorar as condicións laborais do persoal sanitario. Leiceaga advertira a semana pasada de que a Lei da Xunta tan só destina 1,5 millóns de euros para contratar persoal sanitario –entre 40 e 50 facultativos- e por iso solicitarán incrementar as partidas para contratar 600 médicos sen afectar ao teito de gasto nin ao endebedamento.

Explicou daquela que, en contra do que está a anunciar Feijóo, a Lei presentada pola Xunta non ten “nada que ver” co superávit, senón que se trata de “mover 48 millóns de euros” dunha partida a outra que podería aprobar igualmente sen necesidade de ter superávit.

Sinalou que “nada hai que permita dicir que reducen os niveis de endebedamento”, senón que “o que se fai é retirar transferencias ao IGVS e á SPI para destinar a investimentos en educación, centros sociais, sanidade e un pouquiño a gasto corrente”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18