Categorías: Actualidade

A Lei de Suplemento de Crédito de Feijóo é “insuficiente e falaz”

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, criticou hoxe que a Lei de Suplemento de Crédito da Xunta impón “parches e medidas de rego por aspersión” con pequenos investimentos insuficientes. Fernández Leiceaga presentou unha emenda á totalidade da Lei cun texto alternativo co obxectivo de reforzar o investimento multiplicando por sete o investimento en persoal sanitario e reforzando a capacidade investidora do Sergas con 39 millóns de euros adicionais, que foi rexeitado polo PP.

O responsable socialista censurou que o PP teña aprobado esta norma polo procedemento de lectura única, impedindo o debate e a presentación de emendas parciais pola oposición por “pánico electoral”. Criticou que a única urxencia sexa utilizar un suplemento de crédito de 48 millóns “facendo campaña en favor dos candidatos do PP” con obras en centros educativos de 21 concellos, 19 centros de Atención Primaria e 322 centros de servizos sociais e escolas infantís.

Fernández Leiceaga explicou que os socialistas abstivéronse porque, a pesares de estar a favor de investir en Sanidade, educación ou servizos sociais, “non podemos apoiar a Lei cando agochan a situación orzamentaria da Xunta” no debate. Acusou á Xunta de presentar esta Lei urxente para “utilizar o suplemento de crédito en campaña electoral”, a costa de “desvalorizar o Parlamento e limitar a capacidade de actuación dos grupos parlamentarios”.

Os socialistas presentaran unha emenda á totalidade cun texto alternativo para reforzar o investimento en Sanidade cun “cambio en profundidade das políticas do Sergas, con dotación financeira e con respaldo orzamentario”. Así, reclamaran multiplicar por 7 os pouco máis de 1,5 millóns de euros que lle dedican a persoal sanitario, e 21 millóns adicionais para reducir o déficit de persoal en Atención Primaria e mellorar a estabilidade dos profesionais da sanidade.

Fernández Leiceaga propuxo “reforzar significativamente a capacidade investidora do Sergas con 39 millóns adicionais aos 11 millóns que plantea a Xunta para chegar aos 50 millóns de euros”. Explicou que o goberno galego pode tomar estas decisións sen alterar a estabilidade orzamentaria e a sustentabilidade financeira.

Falacia

O responsable socialista sinalou a “falacia” do goberno galego ao relacionar esta Lei co superávit e anunciar un investimento de 125 millóns de euros cando en realidade supón desprazar 48 millóns de euros entre partidas orzamentarias. Explicou que “nada hai no Proxecto de Lei que o vincule ao superávit” nunha norma que segundo sinala explicitamente “non supón aumento dos créditos do Orzamento consolidado” e que non está relacionado coas cargas derivadas do endebedamento.

A realidade, dixo, é que lle retiran 12 millóns de euros ao Instituto Galego de Vivenda e Solo e 32 millóns da Axencia Galega de Infraestruturas, un total de 48 millóns de euros que son destinados a outras operacións de capital en servizos sociais, centros educativos, sanidade e prevención de incendios.

Os votos de Vox e a rectificación de Feijóo

O responsable socialista desafiou hoxe ao presidente da Xunta a renunciar aos votos de Vox para “facer alcaldes do PP”, logo da estratexia do presidente do PP, Pablo Casado, que pasou de apoiarse en Vox para gobernar en Andalucía a criticalos agora. Fernández Leiceaga sinalou que “se é necesario Vox o utilizan, e se non é necesario din que é estrema dereita, iso non vale”.

Fernández Leiceaga instou ao presidente da Xunta a facer realidade a súa rectificación, ironizando con que “xa pasou de defender o goberno da lista máis votada a non facelo” e sinalou á “matrioska de Casado”, en alusión ás bonecas rusas que “cando a abres sae Albert Rivera, e se a volves abrir sae Santiago Abascal”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18