Categorías: Actualidade

O PP bloquea a promoción de solo industrial en Vigo ao votar en contra dunha iniciativa socialista para revisar o Plan Sectorial de Áreas Empresariais na cidade

Leticia Gallego censura a inacción da Xunta en materia industrial cando “ten competencias” e mentres “as empresas galegas están marchando cara a Portugal” pola falla de xestión do goberno galego

O PP bloquea a promoción de solo industrial en Vigo. Fíxoo, hoxe, na Comisión de Industria do Parlamento votando en contra dunha proposición non de lei do Grupo Socialista que instaba a revisar o Plan sectorial de Áreas Empresariais de Galicia para incluír novas actuacións e ampliar as existentes.

A deputada viguesa Leticia Gallego censurou a inacción da Xunta de Galicia en materia industrial cando “non cumpre o que di o Estatuto de Autonomía” que lle atribúe as competencias neste eido. “Póñanse a traballar en política industrial dunha vez”, subliñou, e máis “cando as empresas galegas están marchando cara a Portugal por culpa do goberno de Feijóo”.

Neste senso, a responsable socialista sinalou que está sendo o goberno de España, a través de Zona Franca de Vigo, que está creando solo urbano na cidade de Vigo. “Defendan á cidade de Vigo e deixen de estar na súa contra”, incidiu, xusto cando sectores como o naval ou a automoción “están pasando serios problemas”.

“Feijóo e o seu goberno foron en seguen sendo unha calamidade para Vigo”, criticou a socialista quen lamentou que nos orzamentos da Xunta “non exista, nos últimos anos, ningunha partida para crear solo industrial en Vigo”.

Con todo, censurou a actitude da Consellería de Medio Ambiente que, a principios do mes de xuño, “indicou que a modificación do Plan Sectorial de Ordenación de Áreas de Galicia permitiría, entre outras actuacións, a ampliación do polígono industrial de Balaídos en máis de 166.000 metros cadrados”.

Por todo isto, Gallego instou ao goberno galego a que “asuma” a promoción de solo para actividades produtivas en Vigo e que “participe” na renovación das implantación  empresariais existentes na cidade, “mellorando accesos, servizos, integración, eficiencia e calidade do tecido industrial actual”.

O PXOM: “TEN CONSENSO SOCIAL E SEGURIDADE XURÍDICA”

En canto ao PXOM, a responsable socialista defendeu que se trata dun documento “equilibrado entre territorio e actividades produtivas e residenciais” que ademais é “froito da maior participación cidadá e conta co apoio de sete de cada dez vigueses”. “Ten consenso social e seguridade xurídica” e, ademais, “responde ás necesidade de Vigo para os próximos 20 anos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Lara Méndez reclámalle á Xunta que apoie á viticultura heroica da Ribeira Sacra con recursos específicos para garantir a supervivencia da produción

Salienta a importancia desta modalidade produtiva para o mantemento da paisaxe e da poboación rural, e que sustenta a súa…

07/05/2024 18:33

Julio Abalde acusa á Xunta de responder con “medidas parciais e cosméticas” á caída estrutural da produción marisqueira

Reclama un Plan de axudas estables que permita a pervivencia do sector, que sufriu unha redución da produción de máis…

07/05/2024 17:21

Besteiro ve “con moita alarma” o descontrol que o Consello de Contas está detectando na contabilidade do Sergas

O secretario xeral do PSdeG reivindicou o potencial da industria galega durante a súa visita a TMC Cancela, unha empresa…

07/05/2024 16:05

Besteiro empregará a sesión de control para comprobar o compromiso de Rueda coa rexeneración democrática “ou se opta pola confrontación, a mentira e a crispación”

Elena Espinosa critica a “devaluación as políticas de igualdade” ao dividilas en dúas direccións xerais e acusa ao PP de…

07/05/2024 14:33

Carmen Dacosta censura que a única prevención de incendios da Xunta sexa “facer a danza da chuvia e encomendarse a manitú”

Alerta da falla de tarefas de prevención nos montes, que “se cargan de biomasa sen que a Xunta faga nada…

07/05/2024 14:31

O Grupo Socialista esíxelle á Xunta axudas específicas á viticultura tradicional da Ribeira Sacra

Lara Méndez reivindicou durante unha visita a unha adega da denominación de orixe “unha maior implicación” por parte do Goberno…

06/05/2024 16:20