Categorías: Actualidade

O potavoz do Grupo Socialista, xunto cos portavoces do PP e do BNG remiten ao comisario europeo de Pesca o acordo unánime da Cámara galega en defensa da pesca de fondo

Os portavoces e a portavoz dos tres grupos parlamentarios na Cámara galega, Pedro Puy, Ana Pontón e Luís Álvarez, remitiron hoxe tres cartas dirixidas ao comisario europeo de Medio Ambiente, Océanos e Pesca, Virginijus Sinkeviĉius; ao embaixador na Representación Permanente de España ante a Unión Europea (REPER), Marcos Alonso Alonso; e ao Presidente da Comisión de Pesca (PECH) do Parlamento Europeo, Pierre Karleskind, na que lle trasladan e solicitan o cumprimento do acordo aprobado por unanimidade no Pleno do pasado 28 de setembro en defensa da flota pesqueira galega de arrastre de fondo.

En concreto, este acordo pon de manifesto a necesidade de “rectificar e anular o Regulamento UE 2022/1614 da Comisión, do 15 de setembro de 2022, polo que se determinan as zonas de pesca en augas fondas e se establece unha lista de zonas nas que se coñece a existencia de ecosistemas mariños vulnerables ou a posibilidade de que existan”, por entender que este veto á pesca de fondo é especialmente lesivo para os intereses de Galicia.

Con esta iniciativa trátase de facer chegar do xeito máis rápido posible a opinión unánime de todos os deputados e todas as deputadas do Parlamento galego contraria a esta decisión adoptada pola Comisión Europea.

Axuntamos carta asinada polos portavoces e a portavoz, así como o acordo certificado do Parlamento que se remitirá ao comisario europeo.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08