Categorías: Actualidade

Luis Álvarez reclámalle ao presidente da Xunta que consensúe os Orzamentos para “darlle resposta ás necesidades dos galegos e das galegas”

Luis Álvarez critica a falla de políticas “para as persoas” no Goberno galego, e alerta de que a metade dos galegos e galegas teñen dificultades para chegar a fin de mes, segundo o IGE

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, plantexoulle hoxe ao presidente da Xunta que paralice a presentación dos Orzamentos para consensuar unhas ovas contas “que dean resposta ás necesidades dos galegos e das galegas”. Así o dixo na sesión de control ao presidente da Xunta no Parlamento, na que advertiu de que “nada do que di tranquiliza á xente con dificultades”.

O responsable socialista advertiu que de acordo cos datos feitos públicos onte polo Instituto Galego de Estatística -IGE-, a metade dos galegos e das galegas teñen dificultades para chegar a fin de mes, unha “traxedia” á que o goberno galego asiste impasible, “centrado na descualificación do adversario. Por iso Álvarez reclamoulle ao presidente da Xunta que empregue o maior orzamento da historia para atender aos máis necesitados.

Preguntoulle pola falla de iniciativas en materia de política social nos Orzamentos que anunciou a semana pasada nos que a Xunta se permitirá deixará de recadar 30 millóns de euros para rebaixarlle os impostos aos máis ricos de Galicia. Lembrou que esta contía é idéntica ao que deixan de gastar por retirarlle a tarxeta básica para axudas a compras de produtos básicos a 55.000 galegos e galegas que necesitan desta axuda.

Luis Álvarez fixo un relatorio da situación das políticas sociais do goberno galego logo de 13 anos de recortes, partindo o déficit de 14.000 prazas de residencias de maiores, segundo o índice fixado pola OMS, cunhas listas de agarda inasumibles que para a propia Valedora do Pobo demostran “a insuficiencia das prazas residenciais”, e reclama que se axusten á demanda real.

Lembrou que o goberno galego teña “traspapelados” a 10.000 galegos e galegas integrados no sistema de rexistro de solicitudes de Dependencia, que non figuran nas bases de datos, e reclamoulle que “corrixan este erro lamentable”. Engadiu que a xestión da Dependencia por parte do goberno galego está “afogando aos concellos”, con “decenas de empresas renunciando ás prórrogas porque o custe que debera cofinanciar a Xunta é inasumible para as arcas municipais”.

Álvarez afeoulle ao presidente da Xunta que obriguen aos maiores a desprazarse ata os hospitais comarcais para recibir a nova dose da covid, co que “un matrimonio de Negueira de Muñiz ten que gastar ao mes máis de 200 euros en taxi para vacinarse”. Criticou que teñan desmantelado o sistema de vacinación nos centros de saúde, con consecuencias dramáticas para centos de localidades como Negueira sen transporte público “máis que os sábados de mercado”.

Política de vivenda

O portavoz do Grupo Socialista sinalou criticou ademais o “fracaso estrepitoso das políticas de vivenda” do goberno galego, logo de coñecer onte que segundo a liquidación do primeiro semestre deste ano, a Xunta só executou o 3 por cento do programa de acceso á vivenda. Lembrou que a propia presidenta da Rede Galega de Atención á Pobreza sinalou na Comisión de Reactivación do Parlamento que “é imposible a reactivación económica e social sen investimento en vivenda”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08