Categorías: Actualidade

O Plan de Ensino Virtual da Xunta “chega tarde” e revela unha Consellería “incapaz de priorizar as actuacións” fronte á covid

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, vén de presentar unha batería de iniciativas parlamentarias diante do Plan de Ensino Virtual presentado pola Consellería de Educación, que “chega tarde”. Ademais, engade, “reflicte claramente a falla de proactividade dunha Consellería incapaz de priorizar as súas actuacións e que parece estar a actuar só ante a inminencia de situacións que ninguén desexa”.

O responsable socialista critica que logo de sete meses de pandemia, a Consellería só reaccione ante a posibilidade de novos confinamentos, e ademais dando un prazo de apenas 7 días para que os centros de ensino respondan dos seus requirimentos, o que ten provocado o rexeitamento do Plan por parte do sector educativo.

Álvarez explica que o plan deixa apenas sete días para que os centros elaboren os denominados “horarios espello”, que deben ser supervisados e aprobados pola Inspección Educativa, ademais de realizar simulacións sobre o funcionamento do plan. Tamén urxe aos centros a analizar as necesidades de dispositivos para o ensino virtual e identificar as necesidades de formación do profesorado nesta materia.

Sinala que “resulta evidente que estas medidas deberan ter sido tomadas antes”, e lembra que o propio Grupo socialista demandara no mes de agosto a elaboración de plans de continxencia, mesmo presentando iniciativas parlamentarias para coñecer á dispoñibilidade de recursos por parte do alumnado, “mais nada disto se fixo”.

Lamenta que a pesares de non ter atendido a esta situación, “a Consellería si que dedicou tempo e esforzos a regular outros aspectos moito menos prioritarios, como por exemplo ditar a Resolución que regula a saída do recinto escolar do alumnado maior de 16 anos dos centros públicos para o curso 2020-21.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08