Categorías: Actualidade

O Parlamento tratará a transferencia de Tráfico a Galicia

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, anunciou hoxe que o próximo Pleno do Parlamento comezará coa proposición de Lei presentada polos socialistas para reclamar a transferencia de tráfico e seguridade viaria para Galicia. Explicou que esta proposta “reproduce de forma literal” á que fora aprobada na Cámara autonómica hai 10 anos.

Os socialistas apelan ao presidente da Xunta a que aprobe esta proposta na liña da súa intención de elevar o teito competencial de Galicia asumindo unha materia da que xa dispoñen País Vasco e Cataluña. Reivindicou un debate “fora de oportunismos e coa total garantía de que responda ás nosas conviccións” para que a proposta sexa asumida “contando que despois das eleccións poida haber un goberno socialista ou doutro signo, e haberá que pelexalo”.

Sinalou a necesidade de que Galicia poida asumir a competencia de tráfico igual que ten o País Vasco, que ten a competencia transferida e, cunhas condicións orográficas e climatolóxicas semellantes e moito máis tráfico, rexistra un nivel de sinistralidade e falecementos moi inferior ao de Galicia. A xestión de tráfico permitiría, explicou, desenvolver políticas específicas acordes coa situación particular das estradas galegas, sinaladamente as vías secundarias.

Igualdade

Os socialistas presentarán ademais ata catro iniciativas parlamentarias relacionadas coa situación das mulleres en Galicia, comezando pola propia sesión de control, na que o portavoz socialista lle presentará ao presidente da Xunta a crise da natalidade “dende a perspectiva da muller”. Apuntou así á postura “retrógrada e reaccionaria” da dirección do PP, que avoga agora por derrogar a Lei da Interrupción Voluntaria do Embarazo utilizando como subterfuxio suba da natalidade.

Explicou que os socialistas defenden a suba da natalidade a través de incentivar máis dereitos, máis garantías, máis servizos e unha mellor situación laboral, con estabilidade e medidas de conciliación. Neste sentido, os socialistas presentarán no Pleno unha interpelación sobre a política da Xunta para garantir a igualdade laboral e salarial entre mulleres e homes.

Tamén presentarán unha proposición non de Lei para reclamarlle á Xunta que reduza o tempo de emisión dos informes das unidades de valoración do Imelga, ademais doutra interpelación para reclamarlle ao goberno galego que mellore a formación continua do persoal dos centros de información ás mulleres –CIM-.

Os socialistas reclámanlle á Xunta que vaia máis alá das melloras tímidas na situación das mulleres galegas que tomou logo da manifestación do pasado 8 de marzo, que xerou un debate que as mulleres “xa teñen gañado” fronte á posición inicial “absolutamente inaceptable” do PP e do goberno galego.

Autoestradas

Fernández Leiceaga subliñou que os socialistas serán os únicos que leven ao próximo Pleno a redución dun 25 por cento nas peaxes das viaxes de ida e volta polas autoestradas de titularidade autonómica, sinaladamente a AG-57 Puxeiros – Val Miñor e a AG-55 A Coruña – Carballo. Os socialistas pídenlle ao goberno galego que elabore en seis meses un estudo para a liberalización das ditas autoestradas.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08

Paloma Castro pídelle á Xunta que habilite a cobertura do espazo deportivo do CEIP Ponte Sampaio, en Pontevedra

Paloma Castro sinala que os escolares “merecen un entorno axeitado” e un espazo cuberto no que practicar deporte e que…

24/04/2024 12:41