Categorías: Actualidade

O Parlamento de Galicia aproba unha iniciativa socialista para instar a Xunta a aumentar a inversión en I+D+i no sector turístico

O portavoz de Turismo do Grupo Socialista, José Manuel Pérez Seco, presentou esta mañá en Comisión Parlamentaria unha iniciativa para instar a Xunta a aumentar a inversión en I+D+i no sector turístico. A proposta, que foi aprobada por unanimidade, pretendía impulsar a competitividade no sector e adaptalo aos retos actuais do turismo galego, español e internacional.

O parlamentario socialista defendeu a importancia de manterse competitivos nun sector que “representa para Galicia o 11% do noso PIB e xera o 12% do emprego” e manifestou que “é irrenunciable facer unha aposta decidida  para aproveitar a grande potencialidade do sector e lograr así un desenvolvemento económico máis estable e con capacidade de xerar emprego de calidade no eido turístico”.

O deputado socialista recordou que “a investigación é o motor de progreso e avance” pois “axúdanos a realizar unha análise da situación na que nos atopamos e propoñer novas alternativas”. No caso do turismo estes cambios vense na forma de viaxar, no tipo de aloxamento ou de experiencia e por iso investigar vólvese imprescindible investigar.

Co Plan de Turismo de Galicia 2020 a piques de rematar, o responsable socialista sinalou a necesidade de traballar cara un novo que teña presente tanto o inmediato Xacobeo como os que quedan por vir. Neste novo escenario, compre “favorecer a incorporación nas empresas turísticas das TICs”, pois os viaxeiros e viaxeiras cada vez buscan mais a oferta de novos os servizos, como os que se levan dende un smartphone ou dende unha tablet.

Falou tamén da importancia do marketing dixital en novos espazos como as redes sociais, o cal debe de ser un complemento importante aos métodos de promoción tradicional como ferías e anuncios nos medios de comunicación tradicionais.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

O Parlamento de Galicia insta a Xunta de Galicia a:

  1. Financiar programas de investigación, desenvolvemento, innovación e tecnoloxía (I+D+i+T) que faciliten a incorporación das empresas turísticas galegas á sociedade do coñecemento.

  1. Promover accións que doten ao sector turístico, conxuntamente coa Administración autonómica, a un papel protagonista no establecemento de estratexias e accións turísticas.

  1. Favorecer a introdución nas empresas turísticas das novas tecnoloxías da información e da comunicación.

  1. O uso de accións de marketing online para a promoción e mellora turística.

  1. Cumprir as actuacións previstas ao abeiro da Estratexia de Turismo de Galicia 2020
Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08