Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba unha proposta socialista para pedirlle á Xunta que incorpore Rianxo ao servizo de Hospitalización a Domicilio no primeiro trimestre do ano

A Comisión de Sanidade do Parlamento vén de aprobar unha proposta presentada polo Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que incorpore Rianxo ao Servizo de Hospitalización a Domicilio no primeiro trimestre do ano. A parlamentaria socialista Noa Díaz presentou a proposición non de Lei para estender o servizo a toda a área sanitaria de Santiago e Barbanza incorporando por fin ao dito concello.

Díaz levou ao Parlamento por iniciativa do Grupo Municipal do PSdeG de Rianxo e a demanda da cidadanía deste Concello, que se está a organizar en torno ao movemento “Hado para Rianxo, Hado para todos”, para reclamar unha solución urxente a esta falla de calidade asistencial para os rianxeiros e rianxeiras.

A parlamentaria socialista coincide cos veciños e veciñas en reclamar o cumprimento do compromiso do propio presidente da Xunta, que en 2019 apuntaba ao horizonte do ano 2021 como límite para implantar o Hado en todo o territorio galego.

A responsable socialista lembrou ademais que o Plan Galego de Hospitalización a Domicilio, presentado en 2019 marcaba a previsión de chegar a toda a poboación galega en 2023, pero xa sobrepasado o ecuador do programa “na actualidade existen diferenzas entre as áreas sanitarias do país”. Apunta que mentres algunhas delas xa teñen a implantación completa, na de Santiago e Barbanza limítase a unha área de 25 quilómetros da Unidade, deixando fora a Rianxo.

Este concello sitúase a 32 quilómetros de Santiago de Compostela e 28 de Ribeira, superando por escasos 3 ou 7 quilómetros, segundo o caso, os citados 25 quilómetros para recibir este servizo polo que, dixo, “non podemos crer que a razón sexan eses 3 ou 7 quilómetros”. Lembra que o Concello, o 51 máis poboado de Galicia, carece dun servizo co que si contan Santiago, Ames, Padrón, Dodro, Boiro, A Pobra, Ribeira e Porto do Son nesa área.

Apunta que “non sabemos por que Rianxo non dispón nin sequera de maneira transitoria das unidades volantes que inclúe a estratexia Hado, que podería ser algo provisional mentres non se implemente o servizo de forma estable”. Reclamoulle ao PP ademais que “non poñan a pandemia como escusa, xa que debera ser unha razón ou un argumento poderoso precisamente para acelerar a cobertura Hado en todo o territorio”.

Este servizo, explicou, consiste en “atención e coidados médicos e de enfermaría de rango hospitalario proporcionados aos pacientes no seu domicilio por profesionais e recursos materiais propios do hospital”. Beneficia fundamentalmente a crónicos complexos, pacientes que precisan curas complexas, paliativos de alta complexidade e pacientes que necesitan de antibioterapia intravenosa ou de administración hospitalaria.

O modelo asistencial materializouse de maneira efectiva coa creación da Unidade de Hospitalización a Domicilio, aínda que xa se ofrecía nalgúns hospitais dende o ano 2001, que se foi ampliando aos poucos ata a presentación do dito Plan Galego de Hospitalización. Engade que que “lonxe de incrementar o gasto sanitario, en realidade mellora a eficiencia” evitando a estancia en hospitais, polo que “é cuestión de vontade e de recursos específicos e non tanto de orzamento”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a estende o servizo de Hospitalización a Domicilio á totalidade da área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza antes de que remate o primeiro trimestre do ano 2022”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23

Silvia Longueira reclama un novo modelo de atención temperá ampliando o servizo de acordo co sector asociativo

Apunta ao reaxuste do modelo como “momento óptimo para atender ás demandas de tódalas asociacións que traballan pola plena inclusión”…

14/05/2024 14:19

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56

Carmen Dacosta cualifica de “incoherente e lesiva” a extinción da Axencia Galega da Industria Forestal por parte da Xunta

Considera “un gran paso atrás” a supresión do organismo para traspasar as competencias á Consellería de Economía   A portavoz…

12/05/2024 11:00