Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba a proposta socialista para que a Xunta presente canto antes a Fundación Pública para o impulso da Ciencia de Galicia

Julio Abalde reclámalle ao presidente da Xunta que cumpra co compromiso anunciado o pasado mes de outubro e advirte que o I+D+i “non pode seguir con meros anuncios sen continuidade”

 

O Pleno do Parlamento aprobou hoxe a proposición non de Lei presentada polo Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que presente “á maior brevidade” a proposta de creación da Fundación Pública para o Impulso da Ciencia de Galicia. O portavoz de Universidade do Grupo Socialista, Julio Abalde, reclamoulle hoxe ao presidente da Xunta que faga realidade este compromiso anunciado no mes de outubro.

 

O responsable socialista advertiu que o “ecosistema” do I+D+i galego “non pode seguir con continuos anuncios e programas” do goberno galego que “non teñen continuidade na articulación, coordinación e financiamento entre as distintas propostas nin entre os xestores dos programas”. Reclamoulle por iso ao goberno galego que faga realidade o compromiso e entregue toda a documentación sobre a estrutura, competencias, función e financiamento deste organismo.

 

Subliñou que os socialistas galegos propoñen un Pacto Galego pola Ciencia e a Investigación da man do tecido investigador galego, as universidades, os centros de investigación e tecnolóxicos, academias científicas ou clústeres de empresas tecnolóxicas. O obxectivo é definir un plan de I+D+i que garanta o desenvolvemento dunha carreira investigadora estable con condicións laborais dignas e financiamento estable garantido a longo prazo.

 

Para iso precisa de estruturas e programas de xestión estables, que garantan o traballo de persoal investigador dende a formación predoutoral, cunha ferramenta de captación, atracción e retención do talento.

 

Advertiu que malia que intente imitar ás iniciativas catalana -Icrea- e vasca -Ikerbasque-, baseados nunha rede de centros con natureza xurídica propia -pública en Cataluña e unha rede pública e privada que coexiste coas universidades no caso de Euskadi-. Este modelo sen embargo “non serve para Galicia”, xa que nesta Comunidade Autónoma “non existen centros de investigación privados, e os públicos son maioritariamente centros universitarios de natureza xurídica independente.

 

Ademais, sinalou que mentres Galicia ten un gasto en I+D de 1,1 por cento do PIB, cando a media nacional é de 1,48 e no Pais Vasco é superior ao 2 por cento, o que fai inviable este modelo. Afeoulle ao goberno galego que diga Galicia é das comunidades nas que máis incrementou o gasto en I+D, pero a realidade é que o gasto per cápita en I+D en Galicia é de 360 euros ao ano, mentres que en Cataluña é de 695 euros ao ano e no Pais Vasco ascende a 954.

 

Julio Abalde explicou neste sentido que as actividades de captación e retención de talento necesariamente teñen que apoiarse directamente nas universidades, que deben ter liñas de financiamento específicas para a dotación destas figuras ou o financiamento estrutural da investigación.

 

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

 

-“O Parlamento insta á Xunta de Galicia a remitir e explicar na Cámara, á maior brevidade, a proposta de creación da Fundación Pública para o Impulso da Ciencia de Galicia, incluíndo toda a información sobre a súa estrutura, competencias, funcións e financiamento”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O Grupo Socialista empraza á Comisión Galega da Competencia a actuar con autonomía “sen agardar sentenzas ou presión mediática”

Lara Méndez reclama o reforzo dos recursos humanos e técnicos do órgano e urxe a…

15/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista alerta de que a estratexia de Rueda do “non polo non” ameaza con deixar a Galicia sen voz no debate do modelo de financiamento

Patricia Iglesias defende facer valer a realidade da dispersión e o avellentamento e maior autonomía…

15/07/2025
  • Actualidade

Elena Espinosa: “Rueda pode dicir o que queira, pero hoxe en Galicia hai mulleres parindo sen auga quente”

A deputada lamentou que o Partido Popular rexeitase no Parlamento a proposta presentada polo secretario…

15/07/2025
  • Secretaría Xeral

Besteiro reivindica en Ferrol o carácter público de Navantia fronte á “ameaza” de privatización pola “axenda ultra” do PP

O líder dos socialistas defendeu o esforzo inversor do Goberno de Pedro Sánchez e o…

14/07/2025
  • Actualidade

O PSdeG denuncia que a Xunta banaliza a dor e permite “bailar sobre as feridas da historia” ao autorizar festas na illa de San Simón

A deputada Paloma Castro e o secretario de Memoria Histórica, Iván Puentes, criticaron que o…

12/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista critica que a oferta de campamentos de verán da Xunta permanece “ancorada nun catálogo antigo sen apenas variación”

Julio Abalde reclama un modelo “á altura dos desafíos do século XXI” con “máis ambición,…

11/07/2025