Categorías: Actualidade

Silvia Longueira: “Non se poden outorgar títulos políticos coma se fosen títulos nobiliarios”

O Grupo Socialista propón “saldar unha débeda” con Castelao promovendo un estudo sobre a construción do Goberno de Galicia no exilio e a difusión dunha historia “que nunca acabamos de coñecer e honrar”

A deputada do PSdeG asegurou no pleno do Parlamento galego que o patrimonio que Castelao creou no exilio “nunca pretendeu expender certificados de galeguidade, senón simplemente explicar quen somos”

A portavoz socialista de Cultura no Parlamento Galego, Silvia Longueira, defendeu na sesión plenaria de hoxe “saldar unha débeda” con Castelao promovendo o estudo da construción do Goberno de Galicia no exilio e a difusión desa historia, “que nunca acabamos de coñecer e honrar”. Foi a través dunha emenda á iniciativa coa que o BNG propoñía recoñecer a Castelao coma primeiro presidente de Galicia.

Longueira valorou na súa intervención o legado político e creativo de Castelao como “un patrimonio descomunal de Galicia”, tanto dos galegos e galegas “que non o coñecen, como dos que o usan e dos que o teñen como guía”. Mais sinalou que todo ese patrimonio creado no exilio “nunca pretendeu expender certificados de galeguidade, senón simplemente explicar quen somos, denunciar a ignominia e procurar medrar nunha amplitude de miras”.

Desde a tribuna, a deputada coruñesa recoñeceu a importancia do Consello de Galiza, creado en Montevideo en 1944 por deputados galegos exiliados a modo de continuidade dun autogoberno en plena ditadura. Porén, remarcou que “non se poden outorgar títulos políticos coma se fosen títulos nobiliarios”. Ao contrario, invitoui a “situar por enriba de nós mesmos ao home que perdeu a arcadia da vida pero atopou un camiño para o futuro”.

Silvia Longueira afirmou que polo que aposta o PSdeG, o partido que cada Día de Galicia homenaxea a Castelao no seu Rianxo natal, é por poñer de relevo “ese periplo que levou a sentar o precedente da vontade democrática e da construción dunha sociedade máis igualitaria”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O PSdeG entrega este domingo en Ourense os VII Premios de Igualdade Maruja Vázquez Suárez a Fademur Galicia e á investigadora Aurora Marco

O partido presentará en todos os concellos galegos unha moción para que a mestra Maruja…

04/06/2026
  • Secretaría Xeral

Besteiro a Rueda: “Ao mesmo tempo que vostede pedía eleccións para derrubar ao goberno, Pedro Sánchez traballaba para traer SAIC e emprego a Galicia”

O líder dos socialistas galegos reclámalle ao presidente da Xunta que “deixe a hipocrisía a…

03/06/2026
  • Secretaría Xeral

Besteiro esixe a Rueda que deixe de castigar aos concellos onde non goberna o PP e dote a Valdoviño do instituto que require o seu crecemento demográfico

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE pide a Rueda que levante o veto á reunión solicitada…

30/05/2026
  • Actualidade

O Grupo Socialista denuncia que a Xunta se nega a explicar o sistema “falaz” de cómputo de listas de espera sanitarias

Julio Torrado esíxelle ao xerente do Sergas que explique se unha espera de 9 meses…

28/05/2026
  • Actualidade

O Grupo socialista denuncia que a Xunta reduce as axudas para a contratación de mulleres de 7 a 2,5 millóns de euros

Carmen R. Dacosta lembra que as mulleres cobran de media 4.300 euros menos ao ano…

28/05/2026
  • Actualidade

O PSdeG denuncia un “fraude de lei” por parte da CSAG ao contratar persoal á marxe do establecido no convenio e na normativa

Silvia Longueira alertou de que a antiga CRTVG está utilizando unha modalidade excepcional, a contratación…

28/05/2026