Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba a proposta socialista para elaborar un novo plan de xestión do polbo consensuado co sector

Patricia Otero urxe á Xunta recuperar este recurso: “O sector fai unha chamada urxente de auxilio”

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Patricia Otero, aplaudiu a aprobación da proposta socialista para elaborar un novo plan de xestión do polbo consensuado co sector “que permita recuperar esta especie”. “O sector fai unha chamada urxente de auxilio”, asegurou Otero, no debate da proposición non de Lei no Parlamento.

A responsable socialista incidiu na necesidade de “recuperar unha especie da que viven 2.000 familias” cando “nos primeiros dez días trala veda, as capturas desta especie pola frota galega caeu un 85%”. Así, lamentou que “fronte aos 5.000 kg capturados o primeiro día de levantamento da veda en 2015”, este 2020, “só se capturaron 500”.

Otero laiouse de que malia ter “meses con capturas mínimas de polbo, parece que á Consellería do Mar non lle interesa abordar o problema do futuro desta pesqueira”. Ademais, destacou a “falla de comunicación” da Xunta que “fai oídos xordos” ás iniciativas das confrarías afectadas “que só reciben información a través da prensa”.

Otero reivindicou a participación do sector “na toma decisións sobre a xestión dos recursos”. Así, asegurou que as confrarías propuxeron diversas actuacións para paliar a escaseza, como “decretar unha paralización da actual campaña ou articular medidas compensatorias para os naseiros durante estes meses”, que “non foron tidas en conta” polo goberno galego.

A socialista sinalou que “é urxente que a Consellería se poña a traballar” nun novo estudo sobre a evolución da especie no que se determinen “as causas do descenso de polbo nas nosas costas”. Ademais, esixiu que se “consensúe un verdadeiro plan co sector” para “recuperar a especie”, xa que “os plans realizados ata o de agora, non conseguiron os obxectivos marcados, tendo en conta que en 2020 volvemos a falar da escaseza deste recurso”.

Por último, a responsable socialista sinalou que “o polbo é un recurso de gran importancia para a frota de baixura en Galicia, xa que son case 800 embarcacións as que dependen desta especie para garantir unha conta de resultados positiva”. Así, lamentou que “tanto científicos como pescadores coinciden en que este será o peor ano da historia”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18