Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista urxe á Xunta a presentar antes de Nadal o Plan Director de Saneamento da ría de Noia

A parlamentaria socialista Noa Díaz presentou unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Xunta que presente o Plan director de saneamento de Noia antes de que remate o ano. Díaz lembra que a conselleira de Infraestruturas anunciaba o documento no mes de xullo de 2019, cando se daba un prazo de dez meses para o seu remate.

Noa Díaz apunta que o documento resulta fundamental para realizar “unha exhaustiva radiografía das deficiencias do sistema de saneamento de Noia, para logo planificar as actuacións necesarias para optimizar o seu funcionamento e conseguir así unha mellora integral da calidade das augas desta ría”.

A conselleira ten anunciado xa a adxudicación do contrato para a redacción deste Plan director por pouco máis de 200.000 euros, e no mes de xullo de 2019 xa daba por feitos os estudos previos de caudais e de diagnose inicial. Sen embargo, dezaseis meses despois “nada sabemos dun documento que tiña un prazo de dez meses para o seu remate”.

Advertiu que a Xunta de Galicia “segue sen asumir as súas competencias para a mellora das augas da ría”, o que supón “unha necesidade ambiental que queda evidenciada coa prohibición do baño na praia de Testal dende hai xa cinco anos, así como económica, coas obvias limitacións da campaña marisqueira ano tras ano”.

A ría de Noia, explica, presenta uns índices de contaminación “realmente preocupantes”, con 22 concellos vertendo en ríos que desembocan nela, o que “afecta a todo o ecosistema mariño e causa un grave prexuízo aos bancos marisqueiros”. Lembra que hai 50 anos “máis de 3.000 persoas recollían unha media de 5 millóns de quilogramos de marisco ao ano”, e hoxe son “exactamente a metade, tanto de persoal traballador como do total recollido”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18