Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba a nosa proposta para reclamarlle á Xunta un plan de acción global para a recollida e reciclaxe de residuos mariños

O Pleno do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei presentado polo Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta un plan de acción global para a recollida e reciclaxe de residuos mariños. A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Paloma Castro, presentou esta iniciativa no Pleno do Parlamento coincidindo coa conmemoración, onte martes, do Día Mundial dos Océanos.

Castro cualificou o compromiso da Xunta co medio ambiente de “puro postureo”, logo de constatar que o Plan Mar Limpo 2016 – 2020 foi concibido “para salvar os mobles”, pola escasa ambición e unha actuación “moi limitada” con relación á dimensión do problema da contaminación mariña. A responsable socialista reclamou un compromiso real con orzamento concreto para superar “maquillaxes e lavados de cara” e financiar programas de recollida de lixo mariño no mar.

Reclamou tamén a instalación de estruturas axeitadas de almacenamentos de desfeitos a bordo, o financiamento dos custes de tratamento de residuos, investimentos nos portos para a recepción e almacenamento das artes de pesca perdidas e os desfeitos mariños recollidos, e programas de sensibilización. Ademais, propón realizar avaliacións anuais dos residuos recollidos como medida eficaz á hora de loitar contra a contaminación mariña.

A parlamentaria socialista criticou o desinterese do goberno galego en materia de medio ambiente, cunha Lei de residuos que foi aprobada en febreiro deste ano pero naceu xa extemporánea, redactada hai 3 anos sen adaptarse á directiva europea de residuos de 2019. A Lei chega sen incorporar as esixencias comunitarias para a xestión dos plásticos, un dos principais contaminantes dos mares, e que tampouco contempla realidades como a covid – 19 e os residuos que xera.

Castro alertou da “nefasta xestión das augas residuais”, cando o goberno galego segue sen aprobar o plan de rexeneración das rías galegas, logo da multa millonaria imposta pola UE a España en novembro de 2018 derivada da contaminación das rías galegas. É o caso tamén da Lei de Patrimonio Natural de Galicia de 2019, contraria á realidade galega “ao non incluír os ecosistemas mariños como espazos naturais protexidos”.

Acusou neste sentido ao goberno galego de ter agochado o informe da empresa Ence alertando do “incremento notable dos índices permitidos de nivel de mercurio na antiga contorna da empresa Elnosa, que está a ser desmantelada. Lembrou que a Xunta “non só agochou o informe durante meses, senón que non fixeron nada”.

Finalmente, lembrou que a Estratexia Galega de cambio climático e o Plan Rexional integrado  2019 – 2023 para a súa implementación dos que “alardea” Feijóo, en realidade “non contemplan unha soa liña de actuación relacionada coa conservación dos nosos ecosistemas mariños”.

Concluíu que “a situación é máis crítica do que parece” polo impacto dos residuos nos fondos mariños, polo que reclamou que Galicia “ten que poñerse na liña europea e doutras comunidades autónomas”. Sinalou que “dada a situación ambiental existente, o tempo esgótase e non podemos permitirnos máis maquillaxes nin lavados de cara, polo que necesitamos dun Plan global e dotado de recursos económicos suficientes”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego a:

  1. Crear unha partida orzamentaria específica con fondos propios, que complemente a participación en programas europeos e iniciativas privadas, para continuar implementando programas de recollida e recuperación de residuos mariños, co fin de chegar a actuar en 2023 na totalidade da costa galega, mediante incentivos financeiros ao sector do Mar.

  1. Desenvolver campañas de información e sensibilización sobre o papel da cidadanía na loita contra a contaminación plástica e o lixo mariño.

  1. Elaborar un plan específico para a reciclaxe de todos os obxectos recollidos, xa sexan redes, cordas, plásticos, latas ou outros residuos, no que se inclúa a recollida unificada das artes de pesca a bordo dos buques en bolsas ou contedores e a facilidade de instalación axeitadas nos portos.

  1. Realizar unha avaliación anual das características e tipos de residuos recollidos co fin de levar a cabo accións de prevención”.
Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28