Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba a nosa proposta para reclamarlle á Xunta que reforce o persoal do Imelga

A Comisión de Xustiza do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei presentada polo Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta que reforce os recursos humanos do Instituto de Medicina Legal de Galicia –Imelga-. A proposta foi presentada pola portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Paloma Castro, quen alertou de que a escaseza de centros e a falla de persoal fan “inasumible” o volume de traballo actual.

Esta situación está a derivar en perigosos retrasos procesuais en procedementos “tan importantes como os penais por delito de abusos sexuais, violencia de xénero, malos tratos, divorcios, desprotección e violencia en menores, así como procesos civís coma os procedementos de familia ou as incapacidades”. Advertiu de que estes graves retrasos ás veces prolónganse ata os 2 anos, “vulnerando os dereitos da cidadanía”.

Castro explicou graficamente que “isto provoca situacións como que un pequeno que ten un ano cando os seus pais deciden divorciarse, ten os tres anos cumpridos cando a estes lles notifican as medidas de custodia”. Isto é o que está a acontecer, dixo, nos xulgados de Familia de Santiago, A Coruña, Ourense ou no de violencia de xénero de Vigo, que dependen dos informes do Imelga e “teñen unha espera para resolver este tipo de cuestións de entre un e dous anos”.

A parlamentaria socialista reclamou “medidas urxentes” por parte do goberno galego, para que “dote dos recursos humanos necesarios e permanentes aos equipos psicosociais do Imelga, para poder realizar un traballo de tanta relevancia para as familias e para a sociedade”. Apunta que a carga de traballo chega a uns niveis insoportables, xa que de acordo coa memoria de 2019, na subdelegación de A Coruña efectuáronse 4.842 informes, en Santiago 4.680 ou en Vigo 4.700.

Castro tivo que transaccionar co PP esta iniciativa para que fora aprobada, e que orixinalmente lle reclamaba á Xunta un estudo estrito do tempo de retraso dos informes “pormenorizado por cada partido xudicial”.

Tamén solicitaba que, en base ás conclusións deste estudo, procederan a incrementar o número de subdelegacións territoriais en aqueles partidos que fora necesario, incrementando o persoal adscrito a cada centro e creando unidades de valoración integral especializadas para violencia de xénero.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

– “O Parlamento insta á Xunta a:

  1. A que a través do Instituto de Medicina Legal de Galicia se realice un estudo do tempo de retraso dos informes, segundo a súa organización territorial.
  2. En atención ao resultado do estudo anterior, adoptar as medidas de persoal que requira a organización territorial do Imelga, de xeito consensuado coa súa dirección, e consonte ás necesidades concretas en cada caso, tendo en conta o número de poboación correspondente á demarcación da subdirección e o seu volume de traballo”.
  3. Incrementar a formación do persoal do IMELGA, en materia de violencia de xénero, ao tratarse dunha realidade diferenciada e o atender a necesidades específicas.
Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18