Categorías: Actualidade

Begoña Rodríguez Rumbo urxe á Xunta a liberar fondos para axudar aos concellos a afrontar os gastos extraordinarios derivados da covid

A portavoz de Política Municipal do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, chamou hoxe ao “consenso” para pedirlle á Xunta que se reúna coa Fegamp para fixar transferencias aos concellos para afrontar os gastos extraordinarios derivados da covid. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei en Comisión parlamentaria, que sen embargo foi rexeitada polo PP.

Rodríguez Rumbo afeoullle ao PP e á Xunta que se teñan negado a liberar “nin un só euro para que os concellos galegos puidesen facer fronte aos gastos ocasionados nos seus territorios para evitar a propagación do virus”. E isto, sinalou, a pesares de que o goberno galego ten recibido no que vai de pandemia un total de 1.258,5 millóns de euros para afrontar a crise, a maior parte procedentes do goberno de España, e recibirá un mínimo de 460 millóns máis ata 2022.

A responsable socialista acusou ao goberno galego de “invitar mentres os concellos pagan”, ao incrementar as competencias das entidades locais negándolles financiamento adicional, e obviando as peticións reiteradas da Fegamp, da Femp, da Delegación do Goberno de Galicia, así como dende varias deputacións.

Lembrou que os concellos tiveron que incrementar substancialmente a limpeza en centros de ensino e de saúde, cando é competencia da Xunta, asumir o incremento das horas do Servizo de Axuda no Fogar, aumentar os fondos para a infancia, escolares e limpeza de parques públicos, mentres aprazaban ou suspendían o pago de tributos municipais.

E todo isto mentres vían que mentres o goberno do Estado abría a billa das axudas para que as comunidades autónomas afrontasen os gastos extraordinarios en sanidade, educación e política social e facilitar axudas directas ás empresas e autónomos. Sen embargo, o PP e o goberno de Feijóo “decidiron unir esforzos con outros gobernos da súa mesma cor política para crispar, entorpecer e criticar ante unha situación dunha gravidade xamais coñecida”.

Criticou a baixa concepción do sentido de Estado por parte do PP, que en xuño de 2020 recibiu 735 millóns do Fondo Covid  para sanidade, educación, e compensación á redución da actividade económica. Tamén recibiron outros 17 millóns para bolsas comedor, moratorias no pago de alugueiros e o bono social eléctrico, así como, en marzo deste mesmo ano, recibiron 234 millóns de euros do fondo extraordinario para pemes e autónomos que a Xunta aínda non liberou.

Ademais, grazas ás negociacións do Goberno de España diante da UE, Galicia pode destinar ata 272 millóns de euros dos Fondos Feder a financiar gastos sanitarios. Estas axudas suman un total de 1.258,5 millóns de euros para afrontar a crise sanitaria, aos que cumpre sumarlle os máis de 460 millóns de euros que recibirá como mínimo entre 2021 e 2022 20,3 millóns para o Plan de Choque da Dependencia e 441 millóns de fondos React-EU, xa aprobados.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04