Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba a nosa proposta para pedirlle á Xunta axudas directas para a hostalería

O Pleno do Parlamento aprobou hoxe unha proposición non de Lei do Grupo Socialista para reclamarlle á Xunta un plan de choque con axudas directas para autónomos e pemes ligados ao sector da hostalería. O portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos Francisco, presentou esta iniciativa no Pleno do Parlamento, onde lamentou a “ausencia sistemática” do goberno galego para este sector.

Francisco advertiu de que a hostalería galega “necesita dun plan específico de reactivación, un plan inmediato que evite o seu definitivo afundimento”. Alertou do desleixo do goberno galego, que fía o apoio ao sector no “esforzo descomunal” do Estado con prestacións a autónomos e ERTEs, mentres os concellos e as deputacións teñen reprogramado as súas prioridades orzamentarias para “envorcar un importante volume de recursos na axuda a autónomos e pemes.

Advertiu que estas administracións “non solapan as responsabilidades da Xunta de Galicia neste ámbito, senón que simplemente suplen a súa inacción”. Esixiulle ao goberno galego que recorra á súa capacidade orzamentaria para orientar axudas directas reprogramando partidas, axilizando fondos europeos, coa participación no fondo Covid – 19 ou mesmo utilizando a marxe fiscal aberta por Facenda, que permitirá dispoñer dun déficit adicional de 1.400 millóns de euros.

Reclamou así a acción do goberno galego para apoiar ao sector da hostalería, que supón 21.000 establecementos e ten rexistrado unha caída da actividade do 66,3 por cento, o persoal ocupado reduciuse no 17,3 por cento e as pernoctacións caeron un 77 por cento. Explicou que de acordo co clúster do turismo, actualmente hai en risco o mantemento de 30.000 empregos.

Lamentou que o PP teña rexeitado ningunha das 575 emendas presentadas polo Grupo Socialista ao Estado de Gastos, mesmo o plan de reactivación con partidas específicas de 62 millóns de euros para hostalería e autónomos. Advertiu que o goberno galego contou nestes Orzamentos con 1.100 millóns de euros de fondos covid da UE, combinados con 685 millóns do Estado, que se suman ás 26.000 persoas que cobran os ERTe e as axudas directas a 20.000 autónomos.

Cinismo de Feijóo

Enfronte, dixo, sitúase o “cinismo” do presidente da Xunta, que hoxe anunciou uns supostos 375 millóns de euros de axudas directas “que non coñece nin el”. Explicou que “as axudas reais” son as que citou o portavoz do PP no debate desta proposta, que ascenden a 17 millóns para hostalería e 3 millóns do Igape -20 millóns en total-, que se complementan con 30 millóns para autónomos e unha liña adicional de 37 millóns e “o demais é propaganda absoluta”.

Explicou que eses 75 millóns de euros “están ben pero van ser insuficientes”, e “de aí a proposta honesta das deputacións de destinar o 1 por cento dos Orzamentos á hostalería, que ascenden a 156 millóns de euros adicionais”. Do outro lado, dixo, “a Feijóo dálle igual dicir 370 que 5.000”, en alusión ás partidas que figuran na Memoria dos Orzamentos para a loita contra a pandemia en 2021.

Sinalou que o presidente da Xunta está “instalado na propaganda institucionalizada” e preocupado de “inocular falsidades” contra as que non haxa vacina, como “cando falan de que cada hostaleiro recibiu 2.000 euros de axudas directas. Criticou que o goberno galego “non conta a verdade nin cando vai ao médico” e subliñou que “os anuncios hai que facelos no DOG, e aí é onde hai que ver as axudas reais para o sector”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento galego insta á Xunta de Galicia a adoptar de xeito urxente, dentro das súas capacidades orzamentarias, axudas directas ao sector dos autónomos e pemes ligadas directamente ao sector da hostalería”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18