Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista insta á Xunta a “pactar un novo modelo eólico” para “corrixir as deficiencias” do sistema

Martín Seco pide unha “reflexión” ao goberno galego quen “debe escoitar aos múltiples colectivos que piden axuda ante a indefensión” que vive o rural

O voceiro de Medio Rural do Grupo Socialista, Martín Seco, vén de instar á Xunta a “pactar un novo modelo eólico” para “corrixir as deficiencias” do sistema. Fíxoo, hoxe no Parlamento, durante a presentación dunha moción sobre a política do goberno galego en relación coas negociacións entre promotores eólicos e os propietarios dos terreos, rexeitada polo PP.

Seco instou ao goberno galego a “negociar un novo modelo eólico coa participación de todos os sectores implicados” e pór, así, solución “aos múltiples problemas de transparencia, participación, asesoramento e garantías medioambientais, xeradas polos consecutivos regulamentos do PP dende o ano 2010”.

“Abran os ollos e actúen sobre o que está a pasar no noso rural”, aseverou o responsable socialista, quen culpou ao PP “da falla de implantación da enerxía eólica” nos últimos 12 anos. Así, lamentou que a Xunta “se agoche coma un avestruz cando é o propio rural o que lle pide axuda” e solicitan información, asesoramento ou equilibrar as negociacións.

O responsable socialista lamentou que a Xunta non defenda “os intereses do rural”, xa que “prefire pórse de costas á veciñanza”, cando a cidadanía do rural “denuncia día tras día” que “se sente desamparada ante a multitude de proxectos eólicos que xorden en todo o territorio”.

Nesta liña, propuxo ao goberno galego pór en marcha unha oficina de asesoramento técnico, administrativo e medioambiental, así como a establecer unha base pública de información dos prezos alcanzados nas negociacións entre as partes afectadas na instalación dun parque eólico.

Ademais, pediu á Xunta que corrixa o “insuficiente retorno” que teñen o fondo de compensación ambiental e o canon eólico nos concellos afectados. En canto ao eido ambiental, urxiu a “reforzar as garantías medioambientais” para “defender o noso patrimonio natural e o futuro dos nosos sectores produtivos”.

Por último, Seco lembrou que Galicia tivo “un forte desenvolvemento eólico dende 1997 a 2008” debido a “un marco regulador que favoreceu a implantación de parques eólicos”. Malia isto, lamentou que “coa entrada do goberno do PP, chegou a falla de aposta polo sector” que levou a cabo “políticas de bloqueo ás renovables” e xerou “inseguridade xurídica”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18