Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba a iniciativa socialista para oficializar o Camiño do Mar como ruta xacobea logo de “11 anos de inacción e esquecemento” por parte da Xunta

Patricia Otero censura que o propio Grupo Popular levou en 2010 esta proposta á Cámara galega, onde se aprobou por unanimidade, pero dende entón “non se fixo nada”, o que presupón o “nulo compromiso” da Xunta con este trazado

O Parlamento galego vén de aprobar por unanimidade a iniciativa socialista para oficializar o Camiño do Mar, logo de “11 anos de inacción e esquecemento” da Xunta. Fíxoo, hoxe, na Comisión de Turismo do Parlamento.

A deputada socialista mariñesa Patricia Otero denunciou o desleixo do goberno galego cando  “hai máis dunha década que se aprobou nesta Cámara, por unanimidade, unha iniciativa do Grupo Parlamentario Popular, na que se reclamaba ao goberno da Xunta oficializar o Camiño do Mar como ruta xacobea”. Malia isto, censurou, dende entón “non se fixo nada”, o que presupón o “nulo compromiso” e a “falla de vontade política” da Xunta con este trazado.

Otero lamentou que a pesares do traballo de divulgación levado a cabo por asociacións históricas, turísticas, de veciños ou de comerciantes e pola Asociación de Amigos do Camiño na provincia de Lugo, así como das reclamacións efectuadas polos alcaldes e alcaldesas da Mariña ao longo destes 11 anos, o Camiño do Mar “segue sen ser recoñecido de xeito oficial”.

Neste senso, sinalou que “chama a atención que quede excluído da ruta xacobea cando o seu trazado, entre Ribadeo e Neda, o convertía no punto de unión entre outros dous camiños xa recoñecidos: o do Norte e o Inglés”. Ademais, destacou, “do seu percorrido entre Ribadeo e Cedeira consérvanse case que a totalidade dos establecementos hospitalarios de atención aos viaxeiros, como os hospitais de Ribadeo, San Martiño, Cervo, Celeiro, ou Santiago de Viveiro.”

Tendo en conta o “especial impacto da covid na Mariña”, subliñou a responsable socialista, “é máis urxente ca nunca” facer “unha aposta decidida de recuperación económica de todos os sectores produtivos” e “dun xeito moi especial, dun turismo moi golpeado polas limitacións impostas debido ás necesidades sanitarias”. Así, lembrou que “algúns establecementos da zona viron reducida a súa actividade, en 2020, ata un 75%”.

Por todo isto, Otero urxiu impulsar o Camiño do Mar para relanzar a actividade turística “que representa un papel determinante na dinamización económica” desta comarca cando ademais a ruta xa está “argumentada, fundamentada e documentada”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09

O PP vota no Parlamento en contra das bonificacións ás peaxes

Carlos López Font presenta no Parlamento como emenda o acordo de investidura coa proposta “sensata e coherente” para ir cara…

14/05/2024 19:35

O Parlamento aproba unha proposta socialista para reclamarlle ao PP que levante o bloqueo á renovación do CXPX

Paloma Castro denuncia a “utilización política” con Consello Xeral do Poder Xudicial por parte do PP e reclámalles que cumpran…

14/05/2024 19:23

Silvia Longueira reclama un novo modelo de atención temperá ampliando o servizo de acordo co sector asociativo

Apunta ao reaxuste do modelo como “momento óptimo para atender ás demandas de tódalas asociacións que traballan pola plena inclusión”…

14/05/2024 14:19

Besteiro pide o consenso parlamentario para defender a oficialidade do galego na Unión Europea

O voceiro do Grupo Socialista sinalou, nunha comparecencia acompañado polo eurodeputado Nicolás González Casares, a necesidade dun acordo de país…

13/05/2024 16:56