Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba a iniciativa socialista para iniciar a posta en marcha do polo de emprendemento de I+D en enerxías renovables en Ferrol

Begoña Rodríguez Rumbo reprocha ao goberno galego que non teña confirmado ao Concello de Ferrol como a ubicación do polo de emprendemento de I+D en enerxías renovables e almacenamento

A viceportavoz do grupo socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, logrou este mércores a aprobación da súa proposición non de lei para que a Xunta inicie de forma inmediata a posta en marcha do polo de emprendemento de I+D en enerxías renovables e almacenamento previsto para Ferrol, ao que se comprometeu Feijóo durante o seu mandato na Xunta.


Begoña Rodríguez Rumbo instou á Xunta a que inicie inmediatamente a posta en marcha deste novo Centro en Ferrol, que precisa unha comarca que leva “demasiado tempo padecendo tempos difíciles” e que chegou
o “momento de reactivala da man da transición enerxética” que impulsa o goberno de España. Así mesmo, acusou directamente ao PP de facer un “uso electoralista” da localización final deste polo.


Defendeu que a importancia estratéxica desta instalación vai da man do proxecto de instalación de plataforma de eólica mariña anunciado polo goberno central que
significa unha oportunidade para a dinamización industrial e a creación de emprego de calidade na comarca.

Isto é debido a que dende a chegada de Rueda á Xunta puxeron en dúbida a localización final desta infraestrutura, sendo o último paso que preocupa á corporación municipal ferrolá as declaracións de Francisco Conde, vicepresidente do goberno galego e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, onde aseguraba que aínda estaban estudando “como se estrutura o polo dende o punto de vista da súa ubicación”.

Na mesma liña, a socialista reprochou a José Manuel Rey Varela, candidato do PP en Ferrol e o parlamentario do grupo popular que replicou a súa iniciativa que acudira ao pleno a “facer campaña” e que non aproveitase durante estes anos para que o seu goberno levara o proxecto adiante.

Explicou o percorrido histórico desta infraestrutura que naceu no 2019 cando o Foro Enerxético de Galicia prantexou a conveniencia da Creación dun Centro Tecnolóxico que investigase sobre enerxías mariñas e eólica offshore, con participación de empresas privadas e todas as administracións públicas.


A deputad
a expuxo os múltiples motivos polos que este Foro Enerxético concluíu que Ferrol era o lugar máis axeitado para o seu asentamento. Entre as razóns encóntranse a existencia dun Centro de Investigación e Servizos da cabana, a ampla liña de costa que acortaría os desprazamentos para a reprodución das condicións reais do mar, unha infraestrutura de investigación moi consolidada, a proximidade do Porto Exterior de Punta Langosteira ou a potente infraestrutura de empresas auxiliares e servizos de enxeñaría.


A maiores, Rodríguez Rumbo sinalou que están a falar dunha comarca que perdeu un total de 12.691 habitantes dende o 2009 e que precisa de iniciativas deste tipo que “suporía un incremento importante no emprego de calidade e na fixación de emprego na comarca”.

Ademais remarcou que disporán de investimento do programa de Transición Xusta de España, aprobado pola Comisión Europea e que dará a Galicia 111 millóns de euros xestionados nun 96% polas administracións autonómicas.


Agradeceu persoalmente o traballo a favor desta instalación e a asistencia no hemiciclo do alcalde da localidade, Ángel Mato, que acudiu en representación do seu concello que aprobou por unanimidade no pleno unha declaración institucional en defensa da instalación deste polo en Ferrol.

49967 PNP polo I+D enerxias renovables ferrol 15_02_23 BEGOÑA

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06