Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba a iniciativa socialista para coordinar e mellorar os protocolos de atención a familias nos casos de falecementos por accidente

Noa Díaz propón un protocolo de actuación que delimite e homoxeinice o modo de intervención do equipo interdisciplinar que atende, directa ou indirectamente, ás persoas afectadas

A deputada socialista Noa Díaz vén de instar á Xunta de Galicia a coordinar e mellorar os protocolos de atención a familias nos casos de falecementos por accidentes. Fíxoo, hoxe na Comisión de Sanidade do Parlamento, a través da presentación dunha proposición non de lei, aprobada por unanimidade polos demais grupos parlamentarios.

“É preciso que exista, e funcione correctamente, un protocolo de actuación que coordine as accións de todos os profesionais que teñen que intervir no proceso de comunicación da morte ou mesmo de recoñecemento dun corpo logo dun accidente”, destacou a socialista.

Neste contexto, destacou que a familia “debe contar con todos os coidados e apoios emocionais que garantan a súa estabilidade desde o primeiro momento de dó”, xa que, se o falecemento dun familiar “é sempre un momento dramático”, o “é moito máis se esta perda se produce dun xeito inesperado”.

A responsable socialista incidiu na importancia de que o documento recolla aspectos como o xeito de comunicación do falecemento, a atención e o acompañamento á familia ou a determinación dos espazos onde poder agardar por un exame forense, “do que debería garantirse a súa inmediatez sempre que fose posible”.

Finalmente, Díaz lembrou o caso de Esperanza, “a quen lle debemos esta iniciativa”, unha nai compostelá que desafortunadamente viviu un calvario que comezou un 7 de xuño de 2017 cando lle comunicaron por teléfono que o seu fillo Pablo sufrira un accidente de tráfico en Puxín (Ourense) e que só finalizou dez meses máis tarde cando lle deron o resultado da autopsia”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13