Categorías: Actualidade

O Parlamento aproba a iniciativa socialista en apoio ao sector galego do cerco para facer un paro temporal e establecer liñas de axuda

Patricia Otero leva á cámara galega as demandas do sector para a súa supervivencia ante as limitacións “impostas” polas institucións europeas á pesca do xurelo

A voceira de pesca do grupo socialista Patricia Otero, levou á cámara galega as demandas do sector da pesca do cerco de que se faga un paro temporal da frota afectada polas limitacións dos organismos comunitarios á pesca do xurelo na zona VIII c, así como establecer liñas de axudas para a súa supervivencia ata a tempada de sardiña e anchoa, sendo esta iniciativa dos socialistas aprobada en comisión.

A deputada socialista, Patricia Otero, resaltou a difícil situación da frota galega de pesca de cerco que está afectada pola limitación das institucións europeas para poder pescar o xurelo no Cantábrico, que só poderán pescalo de xeito accesorio e non como pesca dirixida como acontece na zona IX a.

Os afectados reclamaban conceder un paro temporal para a flota do cerco afectada pola limitación na cota do xurelo e articular, por parte da Xunta e do goberno do Estado, liñas de axudas económicas que lle permitan a esta flota subsistir ata a apertura das novas campañas de sardiña e anchoa.

Sendo a iniciativa aprobada por unanimidade, agradeceu o apoio do BNG e o PP á iniciativa socialista, pero reivindicou o traballo “dende un primeiro momento” o traballo do PSdeG e do Ministerio de Pesca da man do sector para defender ás familias galegas que teñen alta dependencia da pesca desta especie.

Recordou ao deputado do grupo popular que traballar “non é só sacarse unha foto” e que “ninguén ten que poñerse medallas aquí”, respondendo ás súas acusacións aos socialistas de chegar tarde á xestión deste problema.

A deputada socialista amosou que queren saber cales son as medidas que vai a aplicar o goberno galego para protexer a esta xente, así como convencer ás institucións europeas de que a súa decisión está baseada en informes que non son actuais e que non reflicten fielmente a realidade, alegou Otero.

Otero avisou de que estarán vixiantes e expectantes de que as dúas administracións, a autonómica e a estatal, “cumpran e axuden” ao sector ante unha “inxusta decisión”, polo que emprazou a tódolos grupos políticos a traballar conxuntamente, así como aos gobernos de Galicia e de España, de cara á negociación das cotas do ano 2024 para reverter esas limitacións que afectan a case 70 embarcacións galegas e máis de mil mariñeiros.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24