Categorías: Actualidade

O Parlamento acepta a proposta socialista para consensuar a Comisión de Reactivación logo da pandemia

O viceportavoz do Grupo Socialista, Pablo Arangüena, anunciou hoxe a creación da Comisión de Reactivación Económica, Social e Cultural de Galicia logo da pandemia. O responsable socialista explicou que os grupos parlamentarios aceptaron finalmente a proposta socialista para que fora a Mesa do Parlamento a que acordara constituír este órgano “que non é monopolio de ningún Grupo Parlamentario”.

Arangüena saudou que “o amago de diverxencia fora finalmente reconducido do xeito que nós propuxemos”, logo da polémica xerada onte polo rexistro das solicitudes de creación da Comisión de forma unilateral por outros grupos parlamentarios. Ratificou a “disposición total ao diálogo” e para que “prevaleza a vontade e o espírito construtivo” do Grupo Socialista para impulsar un órgano á altura do momento “moi excepcional” derivado da “intensidade e alcance” da pandemia.

A sesión plenaria da próxima semana, que inaugura esta Lexislatura, incluirá ademais a petición do Grupo Socialista para a creación dunha Comisión de Investigación sobre a xestión das residencias de maiores durante a primeira vaga do coronavirus. Os socialistas presentarán unha proposición non de Lei para pedir esta Comisión para que a Xunta dea conta das xestións feitas logo da primeira vaga para que desta volta se repetira unha incidencia moi elevada en Outeiro e O Incio.

Lamentou a falla de receptividade amosada polo goberno galego e o Grupo Popular á hora de investigar esta situación malia que “non temos ningunha vontade de investigar en contra do PP nin da Xunta de Galicia”, senón que se trata de encetar un proceso “con ánimo construtivo” para mellorar a xestión dos recursos dispoñibles en Galicia.

Tamén lle preguntarán ao goberno galego “sobre a cifra de rastreadores existentes na actualidade” logo da situación “inaudita” de que Galicia non saiba unha cifra “máis alá da tomadura de pelo do presidente da Xunta, que fala de 6.152 contando coa Policía Autonómica”. Sinalou que “o único que temos constatado, e a través de informacións xornalísticas, é que hai 20 contratados pola empresa Conecta que nin sequera forman parte do Sergas”.

Educación

O responsable socialista explicou que o portavoz do Grupo Socialista dedicará a primeira sesión de control da Lexislatura a preguntarlle ao presidente da Xunta pola “xestión educativa tras o fracaso do Goberno da Xunta no inicio do curso escolar”. O Grupo Socialista presentará ademais unha interpelación sobre as eivas do borrador do protocolo para os centros escolares  e os problemas detectados na súa implementación no inicio do curso.

O Grupo Socialista tamén presentará unha iniciativa parlamentaria para mudar o modelo de xestión da política de prevención de incendios diante da falla de iniciativa do goberno galego, logo de que os incendios rexistrados en Ourense nos últimos días queimaran máis superficie que en todo 2019.

Arangüena criticou que o goberno galego “non incorporara practicamente ningunha” das 123 medidas incluídas no ditame da comisión que analizou a incidencia dos lumes forestais en Galicia logo da vaga de lumes “feroz” rexistrada en 2017. Reivindicou un “cambio integral” na política de loita contra o lume que constitúe un “problema económico, cultural e identitario” con máis do 40 por cento do territorio galego “sometido á degradación e á erosión”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57