Categorías: Actualidade

O novo goberno de Sánchez, unha oportunidade para desbloquear demandas de Galicia

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, saudou hoxe a “nova oportunidade” que ofrece o goberno de Pedro Sánchez para “desbloquear” temas paralizados por Rajoy coa conivencia de Feijóo en Galicia. Durante unha rolda de prensa na que fixo balance do período de sesións, sinalou á transferencia da AP-9 ou a adquisición do Pazo de Meirás para o patrimonio público.

O responsable socialista, que compareceu xunto coa viceportavoz Patricia Vilán, aplaudiu o “cambio de circunstancias políticas” dende a chegada de Sánchez á Moncloa que abre un novo escenario de oportunidade para os intereses de Galicia. apostou por unha “reflexión sobre as relacións entre Galicia e a Administración Xeral do Estado”, logo da etapa de parálise protagonizada por Rajoy e Feijóo.

Apuntou que, en contra do discurso de que grazas á relación do presidente galego co anterior presidente do goberno e co ministro De La Serna Galicia tiña unha solución ás súas demandas, a realidade era que mantiñan bloquedas as peticións de Galicia. Así sucedía por exemplo coa transferencia da AP-9 ou coa adquisición de Meirás, cando Rajoy “sinalaba que non había nada que facer”.

Explicou que os socialistas galegos manterán co novo goberno as mesmas demandas para Galicia, por exemplo demandando a posta en marcha do AVE en probas no ano 2019. Sen embargo, apunta, Feijóo si que tivo que mudar a súa estratexia de “ariete” contra Moncloa e matizar a súa folla de ruta sobre todo despois do nomeamento de Pardo de Vera a cargo do AVE.

Advertiu ademais da difícil situación de Feijóo logo de ter renunciado a loitar pola presidencia do PP, que terá “un custe considerable”. Así sucederá logo de que co seu “paso atrás” deixara de ser o posible sucesor de Rajoy, unha posición que lle daba certa relevancia no seu partido a nivel nacional e que desaparece fronte ao próximo líder que requirirá de “tempo por diante” sen cabida para outros liderados.

Retórica grandilocuente

O portavoz socialista criticou a “cortina de fume retórica” desenvolta por Feijóo para ofrecer unha imaxe “grandilocuente e compracente” que contrasta coa súa “escasa vontade reformista” e coa “realidade moito máis dura para os cidadáns”.

Puxo como exemplo o debate sanitario despregado polos socialistas galegos nos últimos plenos do período de sesións, nos que puxeron en evidencia a situación crítica da atención pediátrica, as eivas no servizo de hemodinámica ou a precariedade dos profesionais sanitarios que deteriora a atención sanitaria e dispara as listas de espera.

Os socialistas galegos reclaman, apuntou Leiceaga, o reforzo do persoal sanitario e a mellora da súa situación laboral, en contra dunha xestión do PP que “vulnera os dereitos dos traballadores”, como evidencia a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia coñecida hoxe.

Lamentou a “desconexión da pulsión social” por parte do goberno galego, como evidenciou logo da mobilización das mulleres do pasado 8 de marzo, cun cambio de posición “clarísimo” no que “onde Tellado dixo digo, Feijóo dixo Diego”. Tamén apuntou que o PP “equivocouse” ao respaldar á Valedora do Pobo logo dunha sentenza “durísima” por parte do TSXG por trato de favor cun alto cargo.

Oposición construtiva

Fernández Leiceaga apostou por unha “oposición construtiva” menos preocupada polo titular do día seguinte e máis por “resolver problemas mirando a medio e longo prazo”, co obxectivo de “intentar acadar consenso sen renunciar ás nosas solucións de principio”. Situou neste contexto a posición dos socialistas galegos á hora de demandar a transferencia da AP-9 ou buscar unha proposta eficaz no tema de Meirás.

Dixo que “para que a carta chegue a Moncloa antes terá que ser franqueada en Galicia, e se non hai consenso quedaremos nunha pelexa entre nós”. Explicou así a súa chamada ao BNG a “entrar nunha posición maioritaria” máis eficaz e a aposta polos socialistas galegos por acordar a nova política forestal cunha política “que dure, afastada da dicotomía goberno / oposición”.

O portavoz socialista amosou a súa preocupación pola situación “dalgún grupo da oposición” e chamou a garantir a estabilidade “imprescindible para derrotar ás forzas conservadoras”, un obxectivo que “non pode ser se unha das patas é unha xaula de grilos”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28