Categorías: Actualidade

O informe da Valedora constata que “algo non funciona na sanidade pública”

A portavoz do Grupo Socialista na Comisión de Peticións do Parlamento, Patricia Vilán, advertiu hoxe que a Sanidade volveu ser un ano máis o servizo con máis queixas presentadas á Valedora do Pobo, evidenciando que “algo non funciona” no Sergas. Así o dixo na presentación do Informe da Valedora correspondente ao ano 2018, elaborado antes do relevo na titular da Oficina do Valedor do Pobo.

Vilán advertiu que o elevado número de queixas neste servizo é resultado de 9 anos de deterioro laboral e recortes en persoal e servizos por parte do goberno de Feijóo, que mantén “unha posición inamovible sobre as cuestións relevantes e desprezando as aportacións do Grupo Socialista”.

A responsable socialista instou ao goberno galego a tomar tódalas medidas posibles para mellorar as prestacións e a dotación de persoal sanitario, sinaladamente logo de que o goberno central veña de habilitar a maior convocatoria de MIR da historia. Advertiu que “non é o momento de poñer escusas” e subliñou que “a cidadanía galega merece unha sanidade pública á altura” e que o goberno galego convoque tódalas prazas que ten dispoñibles.

Sinalou ademais que a cidade de Vigo é a cidade que remite máis queixas nesta materia, sinaladamente polo repunte de protestas na cidade máis poboada de Galicia polo peche de Pediatría no Centro de Saúde de Coruxo.

Advertiu do incremento de queixas relacionadas coa vivenda pública, cando hai 13.426 solicitantes de vivenda protexida e a oferta da Xunta é “tendente a cero”, en lugar de “adoptar políticas efectivas para aumentar o parque público de vivenda”. Tamén salientou as peticións en materia de transporte público e emprego público, mentres a Xunta négase a aprobar unha Lei de Mobilidade Sustentable ou cumprir cos compromisos acadados na negociación colectiva.

Vilán reiterou, en materia de Politica Social, a necesidade de regular da Valedoría da persoa con discapacidade, ademais de sinalar que “aumentaron as queixas por atrasos na valoración da Dependencia” a pesares do anuncio da Consellería da diminución nos atrasos. Ademais, alertou de que a maior parte das recomendacións en materia de servizos sociais referíronse aos atrasos nas valoracións da discapacidade, ata o punto de que a Valedoría iniciou 7 queixas de oficio en 2019.

Algo semellante sucede coas prazas residenciais, onde a maioría das queixas fan referencia ao atraso na efectividade do servizo e á falla de información sobre as listas de espera, así como á concesión de prazas lonxe do contorno da persoa con dependencia.

A Consellería de Educación foi a segunda con máis queixas -e foi amonestada ata en 34 ocasións-, especialmente sobre a atención ao alumnado con necesidades específicas e ao agrupamento do alumnado en diferentes niveis educativos, logo da decisión do goberno de Feijóo de reducir drasticamente profesorado público.

Finalmente, apuntou ás 1.245 queixas rexistradas con relación ao medio ambiente, principalmente relacionadas coa contaminación acústica, pero tamén coa falla de control de vertidos de Augas de Galicia ou co uso excesivo de herbicidas fitosanitarios con glifosatos, con efectos negativos constatados sobre a saúde das persoas, ademais de sobre o medio ambiente.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02