Categorías: Actualidade

O incremento da taxa de abandono escolar en Galicia triplica á do Estado, mentres a Xunta deixa sen investir 6 de cada 10 euros

Noelia Otero denuncia que a Xunta deixou sen gastar máis do 60 por cento do orzamento destinado á prevención de abandono escolar

A portavoz de Educación do Grupo Socialista, Noelia Otero, alertou hoxe de que a taxa de abandono escolar creceu en Galicia un 1,9 por cento en 2022, máis do triplo que no resto do Estado, onde aumentou un 0,6 por cento. A responsable socialista presentou unha pregunta na Comisión de Educación na que relacionou estes datos coa baixa execución das partidas de prevención do abandono escolar da Xunta.

Otero alertou de que a Consellería de Educación deixou sen gastar en 2022 6 de cada 10 euros destinados á Prevención do abandono escolar -partida 423B-, cunha liquidación do 39,6 por cento segundo os datos oficiais da Xunta que amosan un “desleixo inxustificable”. Criticou que o goberno galego “non sexa nin rigoroso nin responsable”, xa que logo de máis dunha década presumindo da baixada do abandono escolar, tenten de eludir a súa responsabilidade cando a cifra se reverte.

A consecuencia, dixo, é que no ano 2022 un 9,9 por cento dos mozos e mozas de Galicia de entre 18 e 24 anos abandonaron a segunda etapa de educación secundaria, cun aumento de case dous puntos con relación ao 8,1 por cento do ano anterior.

Lembrou que as familias galegas padecen un sistema de axudas “ineficaz e insuficiente” dende que Feijóo decidira acabar dende a Xunta co sistema de préstamo universal de libros de texto que fora implantado polo goberno presidido polo socialista Pérez Touriño. Pediulle de novo ao goberno galego que reverta a súa decisión agora que o resto de comunidades autónomas está a adoptar o sistema de gratuidade implantado en Galicia en 2005.

Alertou ademais fronte ao anuncio de Feijóo de seguir o mesmo esquema que en Galicia e derrogar tódalas medidas do goberno socialista. Lembrou que este goberno aprobou un incremento de 475,5 millóns de euros no programa de bolsas e axudas a estudantes, no exercicio de 2022 aumentou outros 100 millóns de euros, e en 2023 dotou con 200 millóns de euros un crédito orzamentario para axudas ao estudo por necesidades extraordinarias.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28