Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista urxe á Xunta a “retomar” o proxecto de ampliación da depuradora de Monterroso e deixar de “pór parches” que “non van solucionar o problema”

Patricia Otero criticou que o goberno galego anunciase a creación dun tanque de tormentas, sen consignación orzamentaria: “Non enganan só a unha corporación, enganan á veciñanza de Monterroso”

A deputada por Lugo, Patricia Otero, vén de urxir á Xunta a “retomar” o proxecto de ampliación da estación depuradora de augas residuais de Monterroso e deixar de “pór parches” que “non van solucionar o problema”. Fíxoo trala presentación dunha pregunta na Comisión de Obras Públicas do Parlamento.

Otero lamentou que malia que “pasou o trámite medio ambiental e que o Concello puxo os terreos para a ampliación a disposición de Augas de Galicia”, o proxecto “está nun caixón dende 2015”, momento no que o propio organismo dependente da Xunta de Galicia recoñeceu nun informe que a solución pasaba pola ampliación da EDAR.

A responsable socialista criticou que “días despois de que o PSdeG presentase esta batería de iniciativas no Parlamento” e tras varios anos “presentando emendas aos orzamentos da Xunta para que contemplase este proxecto”, nas últimas semanas, “a Xunta fixo un anuncio”, en relación á creación dun tanque de tormentas na EDAR, “unha obra moito menor á comprometida”.

“Digo anuncio porque a proposta non ten consignación orzamentaria nos vindeiros orzamentos”, aseverou a socialista, quen destacou que “non enganan só a unha corporación, senón a todos os veciños e veciñas de Monterroso”. Así, Otero recalcou que “é o momento de deixar de marear a perdiz e pór un remedio a este problema”, co que “pedímoslles que recapaciten e colaboren cos concellos”.

Otero incidiu en que a EDAR quedou “obsoleta e sen capacidade suficiente para tratar a cantidade de residuos que chegan á planta”, co conseguinte “risco medioambiental que supón”. Así, lembrou que a infraestrutura “foi construída hai 25 anos, aproximadamente, para dar servizo a unha vila que experimentou un crecemento urbanístico moi grande”.

Nesta liña, subliñou que durante este tempo, á rede de augas residuais sumáronse augas procedentes “do centro penitenciario, do parque empresarial e tamén da conexión dalgunha parroquia próxima”, o que ocasionou que “quedase cativa dende que se fixo a obra”. Así, reiterou que esta “vella reivindicación”, foi posta en coñecemento de Augas de Galicia por parte do Concello en diversas ocasións dende o ano 2011.

Por último, a socialista criticou que malia que a Xunta cobra o canon da auga, “en moitos concellos non inviste un só euro”. Nesta liña, desatacou o caso de Lugo, “municipio onde se reverteron cero euros”, logo de que a cidade achegase “máis dun millón por este canon”.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18

Carmen Dacosta lamenta que o PP se opoña a cubrir as catro prazas de pediatra do Centro de Saúde de A Ponte -Ourense-

Alerta de que o goberno galego deixa sen cubrir dúas das catro prazas, provocando esperas de quince días ou nenos…

02/05/2024 14:04

Paloma Castro considera “incomprensible” a negativa do PP a resolver os problemas viarios provocados pola ampliación da vía de acceso ao Montecelo

Esíxelle á Xunta e Concello que “deixen de tirarse a pelota uns aos outros e resolvan un problema serio para…

02/05/2024 14:02

Besteiro reivindica no Primeiro de Maio logros socialistas como a suba do salario mínimo e das pensiones

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, reivindicou hoxe en Lugo “os logros que teñen conseguido os socialistas,…

01/05/2024 21:13

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06