Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista urxe á Xunta a iniciar un Plan de Choque para reducir a fenda de xénero entre mulleres e homes de Galicia

Carmen R. Dacosta advirte que as mulleres asumen o 92,4 por cento dos contratos a tempo parcial por coidados familiares mentres o goberno galego “mira para outro lado”

 

A portavoz de Emprego do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, presentou unha proposición non de Lei -que será votada mañá mércores- para reclamarlle á Xunta un Plan de choque para diminuír a fenda salarial entre as mulleres e homes de Galicia. Dacosta emprazou ao goberno galego a “deixar de mirar para outro lado” fronte ás discriminacións xeneralizadas das mulleres galegas.

 

Reclamou romper coa fenda de xénero con “medidas que contribúan a establecer un marco laboral de calidade no emprego, combatendo a desigualdade de acceso ás diferentes ocupacións e incrementando a incorporación das mulleres nos sectores masculinizados”. Advertiu que malia que hai máis galegas que galegos, elas “non son máis traballando nin asinan máis contratos, pero si que rexistran un desemprego máis elevado, menor ocupación e peores salarios”.

 

En concreto, explicou que 7,5 de cada 10 empregos a tempo parcial son desempregados por mulleres, que ademais asumen o 92,4 por cento dos contratos a tempo parcial por coidados familiares. Advertiu ademais que as mulleres galegas arrastran unha dobre discriminación, xa que teñen peores cifras por ser mulleres e ademais por ser galegas, xa que aínda teñen peores salarios que a media das mulleres no Estado.

 

As mulleres galegas, continuou, cobran un 18 por cento menos que os homes, o que supoñen 5.000 euros menos ao ano, e teñen a segunda peor retribución por hora do Estado, ata o punto de que perciben hoxe un salario medio semellante ao que percibían os homes hai 13 anos. Advertiu que as mulleres padecen máis precariedade laboral e unhas carreiras profesionais menos estables, o que deriva en situacións que rozan o risco da pobreza e a exclusión social.

 

Chamou a combater con datos e argumentos ás mensaxes negacionistas que cuestionan a existencia mesma da fenda salarial e polo tanto a necesidade de loitar por acadar a igualdade real e efectiva de homes e mulleres. Emprazou á Xunta a elaborar un Plan de choque para reducir a fenda salarial, garantir un marco laboral de calidade combatendo a desigualdade de acceso ás diferentes ocupacións e impulsar a incorporación das mulleres ás ocupacións masculinizadas.

 

A responsable socialista defendeu as medidas postas enriba da mesa polas organizacións sindicais, que reivindican máis e mellores políticas activas de emprego con perspectiva de xénero e combater a segregación ocupacional. Chamou a avanzar cara á corresponsabilidade real e efectiva con medias que impulsen a concienciación dos homes na sociedade e nas empresas e investir en educación en igualdade.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade
  • Secretaría Xeral

Besteiro censura que o PP fale de igualdade “cando acabamos de ver que Montoro xestionaba as leis en beneficio duns poucos”

“Aínda non sabemos cal é o modelo de financiamento de Feijoo e Rueda”, criticou o…

17/07/2025
  • Actualidade

O PSdeG celebra que cada vez estea máis cerca a resolución sobre a posible ilegalidade da prórroga de Aznar á concesión da AP-9

A secretaria de Transportes e Mobilidade Sustentable, Patricia Otero, sinalou que a decisión definitiva da…

17/07/2025
  • Actualidade
  • Secretaría Xeral

Besteiro critica a falla de propostas de Rueda no modelo de financiamento: “Deixe de agardar polas instrucións de Feijóo e comece a defender os intereses de Galicia”

O líder dos socialistas galegos defende o financiamento singular para Galicia, que “aporta e recibe…

16/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista empraza á Comisión Galega da Competencia a actuar con autonomía “sen agardar sentenzas ou presión mediática”

Lara Méndez reclama o reforzo dos recursos humanos e técnicos do órgano e urxe a…

15/07/2025
  • Actualidade

O Grupo Socialista alerta de que a estratexia de Rueda do “non polo non” ameaza con deixar a Galicia sen voz no debate do modelo de financiamento

Patricia Iglesias defende facer valer a realidade da dispersión e o avellentamento e maior autonomía…

15/07/2025