Categorías: Secretaría Xeral

Besteiro a Rueda: “a condonación da débeda é unha solución para Galicia pero un problema para vostede”

O líder dos socialistas galegos evidenciou a xestión económica do PP en Galicia en cifras: “En 2008, cando vostedes chegaron ao goberno, a débeda galega era de 3.954 millóns de euros; en 2024, é de 12.154 millóns, triplicada, e case toda contraída con bancos privados

 

Besteiro lamentou que foran a Madrid non a negociar senón a montar un show: “O seu conselleiro fixo 600 quilómetros só para sentarse nunha mesa co único obxectivo de levantarse. Menudo papelón”

 

Explicou que a condonación da débeda proposta polo Goberno de España é unha medida xusta e beneficiosa para Galicia: “Se vostede debe 12 euros e lle perdoan 4, pode investir eses 4 en servizos para os galegos e as galegas. Non parece difícil de entender”

 

O secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, acorralou a  Rueda durante a sesión de control no Parlamento de Galicia ao desmontar os seus argumentos un a un sobre a condonación da débeda autonómica e o modelo de financiamento. “Vostede sabe que esta condonación é boa para Galicia, pero prefire manter o seu único discurso: a confrontación e o enfrontamento político”, reprochoulle Besteiro ao presidente da Xunta.

 

É máis, continuou, “Galicia vai pagar máis de 1.700 millóns de euros en débeda este ano, se liberase un terzo coa condonación  disporíamos de  570 millóns de euros para fortalecer os servizos sociais, por exemplo”.

 

O líder dos socialistas galegos evidenciou a xestión económica do PP en Galicia en cifras: “En 2008, cando vostedes chegaron ao goberno, a débeda galega era de 3.954 millóns de euros; en 2024, é de 12.154 millóns, triplicada, e case toda contraída con bancos privados. Dicíannos que farían máis con menos e acabaron facendo menos e endebedándose tres veces máis”, afirmou.

 

A condonación da débeda é financiamento: Galicia sae beneficiada

 

Besteiro explicou que a condonación da débeda proposta polo Goberno de España é unha medida xusta e beneficiosa para Galicia: “Se vostede debe 12 euros e lle perdoan 4, pode investir eses 4 en servizos para os galegos e as galegas. Non parece difícil de entender, salvo que vostede decidise non pagar a débeda”, ironizou.

 

O líder socialista lembrou que este mecanismo baséase en tres principios clave:

 

O 75% da condonación distribúese segundo a poboación axustada, que ten en conta factores como o envellecemento e a dispersión. Galicia sae beneficiada.

 

Garantía de equidade: ningunha comunidade autónoma queda por baixo do 19% de condonación.

Corrección de desequilibrios históricos: aquelas comunidades máis prexudicadas polo modelo actual reciben un axuste adicional.

 

“Todas as demais interpretacións que fai o PP son falaces, interesadas e burdas e o único que pretenden é enganar á xente”, denunciou Besteiro.

 

O secretario xeral do PSdeG acusou a Rueda de estar máis preocupado por manter o seu relato de confrontación con Pedro Sánchez que por defender os intereses de Galicia. “Vostede ten un problema político: se acepta a condonación, perde a súa única arma, que é a confrontación e a xeración de odio contra o Goberno de España. Se non a acepta, mete nun problema a Galicia. Está nunha rúa sen saída”, aseverou.

 

Besteiro tamén puxo en evidencia a contradición do PP nesta cuestión, recordando que en 2014 o Goberno de Mariano Rajoy xa estudaba unha quita de 80.000 millóns de euros da débeda autonómica e que en 2017 Montoro abriu a porta a condonar parte da débeda de Cataluña. “Agora resulta que cando o fai Pedro Sánchez, vostedes montan un espectáculo. Foron a Madrid non a negociar, non a analizar datos, senón a montar un show. O seu conselleiro fixo 600 quilómetros só para sentarse nunha mesa co único obxectivo de levantarse. Menudo papelón”, recriminou.

Máis autogoberno e responsabilidade fiscal

 

Besteiro tamén puxo enriba da mesa a necesidade de avanzar na corresponsabilidade fiscal e na mellora do financiamento municipal. “Galicia debe cobrar e xestionar os seus propios impostos. Non queremos depender de terceiros e logo pasarnos o día pedindo. Queremos máis autogoberno e unha maior capacidade de xestión fiscal propia”, defendeu.

 

Por último, o líder socialista acusou a Rueda de utilizar a Xunta como un espazo de confrontación en lugar de gobernar con responsabilidade. “Non quere condonar a débeda porque prefire seguir facendo a súa guerra. Non quere corresponsabilidade fiscal porque prefire queixarse. Non quere financiar os concellos porque sabe que o farían mellor ca vostede. Ocupa a presidencia como un adolescente cando debera gobernar como un adulto”, concluíu Besteiro.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

  • Actualidade

O PSdeG ve no Debate do Estado da Autonomía “os primeiros síntomas” de rectificación do PP sobre a quita da débeda

Julio Torrado sinala que "presentamos unha alternativa de país e o PP ás veces empeza…

26/04/2025
  • Actualidade

Espinosa acusa ao PP de converterse no “partido do Non” logo de rexeitar 39 das 40 propostas que os socialistas presentaron no Debate do Estado da Autonomía

A viceportavoz do Grupo Socialista critica que Rueda teña rexeitado de novo a condonación de…

25/04/2025
  • Secretaría Xeral

Besteiro presenta 40 propostas para dar resposta aos problemas reais dos galegos e das galegas fronte a un Rueda sen solucións

O Grupo Socialista presenta as súas propostas de Resolución ao Debate da Autonomía, con medidas…

24/04/2025
  • Secretaría Xeral

Besteiro: “A Galicia real non é a que sae no Telexornal, señor Rueda. Empece a traballar e deixe de celebrar”

O líder dos socialistas galegos contrapuxo no Debate sobre o Estado da Autonomía a Galicia…

23/04/2025
  • Actualidade
  • Secretaría Xeral

Besteiro sinala que Rueda está “desconectado da Galicia real” pero cheo de “autobombo e autocompracencia”

O líder dos socialistas galegos lamenta que o presidente da Xunta estea “máis preocupado da…

23/04/2025
  • Actualidade
  • Secretaría Xeral

Besteiro: “A denegación de axudas a Altri é unha boa noticia para Galicia e confirma o que dixen hai meses: o proxecto non encaixa no Perte de descarbonización”

O secretario xeral do PSdeG mostrou a súa convicción de que a macrocelulosa non vai…

23/04/2025