Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista urxe á Xunta a ampliación do Conservatorio Profesional de Música de Santiago

Noa Díaz denuncia a “falla de espazo” nun centro no que estudan 520 persoas, pero que foi “deseñado para acoller a 240”

A responsable de Cultura do Grupo Socialista, Noa Díaz, presentou unha proposición non de Lei, que foi rexeitada polo PP, para ampliar o Conservatorio Profesional de Música de Santiago. Díaz denunciou a “falla de espazo” nun centro no que estudan 520 persoas en 17 especialidades, pero que foi “deseñado para acoller a 240”.

A socialista recolleu as demandas de Concello de Santiago e anpa que solicitan “espazo para máis aulas, un auditorio máis amplo e unha sala de orquestra en condicións”, xa que as instalacións que teñen actualmente son “máis que insuficientes”. Neste senso, sinalou que, se o centro “xa se mostrara insuficiente ao pouco tempo de abrir”, a día de hoxe “non pode acoller máis alumnado, a pesar da crecente demanda”.

Díaz destacou que ás citadas circunstancias, súmase a problemática da pandemia, “que restrinxiu aínda máis a capacidade do centro, de xeito que os espazos que ata o de agora ocupaban os distintos departamentos didácticos, hoxe son aulas”.

A socialista lembrou que a parcela na que se asenta o conservatorio, cunha superficie de 5.000 metros cadrados, foi cedida para a súa construción polo Concello de Santiago e, entón, a Xunta “non consumiu a totalidade da edificabilidade que podería ter dito solar”. Así, sinalou que na execución do proxecto se investiron preto de dous millóns e medio de euros, dos que o Concello aportou o 34%, ademais da parcela.

Por último, engadiu que, á falla de espazo, “hai que sumar a reclamación por parte da Dirección do conservatorio de abrir varias especialidades máis”, como órgano e gaita, “sendo Compostela un enclave estratéxico para elas polo patrimonio histórico-musical que posúe e por ser unha cidade cunha enorme actividade vinculada á música tradicional galega”. Así, “unha cidade como Santiago, eminentemente cultural, debería ter un conservatorio profesional digno”, aseverou.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro impulsa unha liña de acción política do PSdeG dende o Parlamento para a rexeneración democrática en Galicia

O portavoz do Grupo Socialista empraza a Rueda a clarificar na próxima sesión de control “se segue a doutrina Ayuso…

30/04/2024 13:06

Besteiro esíxelle á dereita responsabilidade e compromiso coa rexeneración democrática

O secretario xeral dos socialistas de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, esixiulle hoxe á dereita “que se comprometa de xeito…

29/04/2024 10:48

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57