Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista reclámalle ao presidente da Xunta que renuncie a baixarlle os impostos aos máis ricos e empregue os ingresos “nas galegas e nos galegos”

Luis Álvarez sinala que a recadación á que renuncia o goberno galego permitiría contratar “500 médicos ou 600 profesores”

O portavoz do Grupo Socialista, Luis Álvarez, reclamoulle hoxe ao presidente da Xunta que renuncie a aplicar a rebaixa do imposto do Patrimonio, que só beneficia ao 0,02 por cento dos galegos con rendas millonarias. Álvarez interveu na comparecencia parlamentaria de Alfonso Rueda sobre os orzamentos do ano 2023 antes mesmo de telos enviado á Cámara.

Álvarez reclamoulle que renuncien a esta rebaixa para as maiores rendas que “a sociedade galega non pedía, senón que rexeita”. Álvarez reivindicou que “recuperen os ingresos que van perder”, unha contía que de situarse no entorno dos 30 millóns de euros “permitirían contratar 500 médicos ou 600 profesores”, ou investir en Dependencia ou axudas para a xuventude, en definitiva “nas galegas e nos galegos”.

Criticou que Rueda teña despregado unha política fiscal “pensada para os máis ricos” despois de terlle suprimido a Tarxeta Básica de axudas para produtos de primeira necesidade para 75.000 galegos e galegas. E só, dixo, por caer nunha “competición desbocada entre comunidades autónomas do PP polas rebaixas fiscais, o seguidismo dos baróns e a renuncia a unha política fiscal galega”.

O portavoz do Grupo Socialista sinalou que a comparecencia de hoxe constitúe unha “evidencia de inseguridade” do propio presidente da Xunta, que se presenta diante do Parlamento para supostamente dar conta das liñas xerais duns orzamentos que aínda non foron presentados diante da Cámara.

Luis Álvarez minimizou os anuncios presentados hoxe polo presidente da Xunta que, dixo, en boa parte corresponden a fondos condicionados e que “o goberno galego ten que destinar a partidas determinadas”. Criticou en ton irónico que o “gran incremento” das aportacións da Xunta ao Servizo de Axuda ao Fogar que prestan os concellos se limite a “50 céntimos por hora”.

Lamentou que empreguen os maiores orzamentos da historia para rebaixarlle os impostos ás maiores rendas no canto de protexer á maioría social fronte á pandemia ou a crise derivada da invasión de Ucraína. Urxiu á Xunta a “garantir un sistema de benestar e protección social, fortalecer á clase media traballadora e actuar como locomotora da economía mantendo o compromiso de responsabilidade fiscal”.

Panorama pouco esperanzador

Álvarez advertiu un “panorama pouco esperanzador” para os Orzamentos da Xunta “dada a traxectoria de falla de execución e control da Xunta e a carencia dunha orientación axeitada para protexer á maioría social”. Resumiu que “son moi malos xestores, presentan unhas execucións moi mellorables e opacas, e non escoitamos ningunha medida encamiñada a mellorar en execución nin en transparencia”.

O portavoz socialista fixo unha radiografía das principais eivas da xestión goberno galego en materia de servizos públicos, cun déficit de máis de 14.000 prazas e residencias de maiores, a supresión da Tarxeta Básica ou anunciando como propia a gratuidade en educación infantil, que é posible grazas ao financiamento estatal.

En materia educativa, sinalou os recortes en persoal e condicións laborais do profesorado e a quebra de igualdade de oportunidades para os alumnos en función do seu lugar de residencia. Lembrou o empecinamento da Xunta en manter a “gratuidade solidaria” de libros de texto “menos eficiente que o modelo de gratuidade universal de Touriño”, máis económico e extenso.

O responsable socialista salientou a situación da sanidade pública, coas listas de espera desbocadas, peores condicións laborais para o persoal sanitario e a Xunta perdida en medidas como o fracasado “dumping” sanitario de Sanxenxo, mentres “seguimos sen saber onde foron os 159 millóns de euros de fondos covid desviados en 2020”.

Rematou sinalando a situación económica de Galicia, cun desleixo e falla de proxecto que “está a conducir a Galicia cara a un deserto industrial”, que carece de políticas agrarias, impasible diante dos altos custes de produción pola suba dos prezos da enerxía. Reclamou un plan de continxencia para a supervivencia das explotacións, un plan de emerxencia que evite o peche e un plan de protección das zonas queimadas.

Afeoulle finalmente ao presidente da Xunta que se teña presentado hoxe diante do Parlamento para unha comparecencia que “podía facela o conselleiro de Facenda”, no canto de viaxar a Bruxelas a “plantarlle cara á presidenta da Comisión Europea, que é do PP”, para que retire a prohibición á pesca de arrastre”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08