Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista cualifica a Rueda de “burócrata do PP” e esíxelle que exerza como presidente de Galicia

Julio Torrado aféalle ao presidente da Xunta que “a súa primeira medida fora a retirada da tarxeta básica, e a segunda baixarlle os impostos aos máis ricos”, e sinala que “a lo menos hai que agradecerlle as súa sinceridade na vontade de ser inxusto”

O viceportavoz do Grupo Socialista, Julio Torrado, agradeceulle hoxe a Alfonso Rueda a súa “sinceridade para ser inxusto” logo de que despois de chegar á presidencia “a súa primeira medida fora a retirada da tarxeta básica, e a segunda baixarlle os impostos aos máis ricos”. Logo de coñecer a rebaixa do imposto do Patrimonio constatou que Rueda é “un burócrata do PP, que non é consciente aínda de que é presidente de Galicia”.

Torrado reclamou unha “política fiscal propia para Galicia”, mentres Rueda “o único que fai é sentarse a esperar a que chamen dende Madrid e lle digan o que ten que dicir ao día seguinte”. Criticou así o seguidismo do presidente galego da política fiscal do PP, centrada en “baixarlle os impostos a quen ten máis de un millón de euros”, para que “paguen os que menos teñen, porque os que máis teñen van pagar menos”.

Lamentou que esta sexa a gran aposta económica do PP no medio da crise de inflación derivada da suba dos prezos da enerxía pola guerra de Ucraína, cando Galicia ten 700 vacantes no sistema educativo.

En sanidade, continuou, “aínda non sabemos que foi dos 159 millóns de fondos covid desviados”, sendo a segunda autonomía con menos orzamento en atención primaria, mentres en política social “fan as valoracións da Dependencia por teléfono porque non hai para contratar persoal suficiente”, e retiran a Tarxeta Básica.

Concluíu que “Galicia necesita dun liderado potente e de políticas pensadas en Galicia e para Galicia”, polo que lle sinalou a Rueda que “non lle deben dirixir o país dende a sede do PP, porque aínda que non sexa o presidente que nós desexamos, é o presidente de Galicia”. Reclamoulle neste sentido que sexa consciente de que “xa non é o director de campaña de Feijóo”.

Pesca de arrastre

Julio Torrado lembrou que hoxe ten lugar a xuntanza de ministros de Pesca da UE, no que España vén de aliñarse con Irlanda e Francia en contra do regulamento que prohibe a pesca de arrastre, unha “decisión inxusta e non fundamentada en datos reais e científicos”. Lembrou que o informe no que se basea esta decisión foi elaborado polo eurodeputado do PP Gabriel Mato como ponente, e preguntou “que está a facer Alfonso Rueda ao respecto máis que agardar para dicir que a culpa é de outro”.

O viceportavoz do Grupo Socialista lembrou ademais que o goberno da Comisión Europea está “sostido fundamentalmente pola maioría conservadora” do PP europeo, polo que apuntou que Rueda “ten a oportunidade de dirixirse aos seus compañeiros” para “poñerse do lado de Galicia” e defender á flota de arrastre contra esta medida.

Sinalou que os socialistas galegos “ofrecemos posibilidade de acordo” tanto para defender á flota diante da UE como para frear a precarización da sanidade, aumentar a contratación de profesores e propostas en política social para recuperar a tarxeta básica. Mentres, lamentou que a “gran proposta do PP” sexa “baixarlle impostos a quen ten 1 millón de euros”, e concluíu que “nós estamos coa maioría social mentres Alfonso Rueda está coas grandes maiorías económicas”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

O Grupo Socialista urxe á Xunta a comezar “xa” cos traballos de prevención de incendios que teñen que estar rematados antes de xuño

A portavoz de Política Forestal do Grupo Socialista, Carmen Rodríguez Dacosta, alertou de que a Xunta aínda non comezou cos…

04/05/2024 11:29

O PSdeG acusa a Rueda de retroceder dúas décadas en políticas de igualdade

Dirixentes e cargos públicos do PSdeG manifestaron hoxe a súa “sincera e fonda preocupación” polo que consideran unha “grave declaración…

03/05/2024 17:22

Paloma Castro critica que a política medioambiental do PP “non supera o mero postureo”

Lamenta o voto en contra do PP á proposta socialista para implantar un programa de educación ambiental nos centros educativos…

03/05/2024 13:25

O emprego de calidade, o fortalecemento dos servizos públicos e o autogoberno, as principais ligas de acción da nova Executiva do PSdeG

A nova Executiva do PSdeG reuniuse hoxe por primeira vez tras o Congreso extraordinario do pasado domingo, coincidindo co 145.º…

02/05/2024 23:05

Patricia Iglesias responsabiliza á Xunta da paralización de máis de 20 parques eólicos polo TSXG

Advirte que “tan insensato é pretender o desenvolvemento indiscriminado de toda a potencia eólica solicitada como optar pola prohibición total…

02/05/2024 19:21

Paloma Castro acusa á Xunta e PP de converterse nun “lastre” para o despegue económico e industrial da comarca de Pontevedra

Paloma Castro critica o voto en contra do PP no Parlamento á ampliación dos polígonos de Reigosa, Fragamoreira e O…

02/05/2024 19:18