Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista reclámalle á Xunta un protocolo específico e claro para casos de covid nas tripulacións dos barcos que pesca

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Patricia Otero, reclamoulle hoxe ao goberno galego que estableza un protocolo de actuación específico para os casos positivos de covid entre a tripulación dos barcos que cheguen aos portos de Galicia. A responsable socialista advertiu que ata o momento “ante casos iguais de barcos chegados con tripulantes contaxiados, a Xunta adoptou decisións distintas”.

A responsable socialista considera “urxente e necesario” que a Xunta adopte un protocolo único que “defina claramente as competencias e funcións” para que “ante casos iguais non se actúe de xeito distinto” e co obxectivo en definitiva de “conseguir unha maior eficacia e eficiencia”. Explicou que este protocolo debe ser establecido polas consellerías de Mar e Sanidade, e advertiu que “non se pode abandonar á súa sorte aos traballadores que chegan a porto”.

Sinalou que nas últimas semanas “foron varios os casos de buques de pesca que atracaron nos portos galegos con tripulantes contaxiados por coronavirus”, o último deles o Adviento, que chegou ao Porto de Burela o 17 de novembro con 17 contaxios a bordo. Os tripulantes daquel buque tiveron que pasar a corentena a bordo mentres días antes, en Burela, a tripulación do Siempre Antares puido desembarcar para ir aos seus domicilios ou residencias adaptadas.

Lembrou que o propio xerente da área sanitaria de Lugo declarara que o confinamento a bordo fora unha “decisión conxunta tomada polo armador e os mariñeiros”, o que cualificou de “incrible que lle impoñan a responsabilidade ao armador e os mariñeiros”. Dixo que “non entendemos para que está a Xunta de Galicia se non é para exercer as súas competencias e trasladarlles o balón ao armador e aos mariñeiros”.

A responsable socialista explicou que o control dos contaxiados de buques de pavillón español con contaxiados a bordo nalgún dos 122 portos de competencia autonómica é precisamente do goberno galego. Explicou que outras comunidades autónomas si que asumiron as súas competencias neste sentido, como o caso de Cantabria, onde o goberno autonómico puxo a disposición dos mariñeiros dun buque galego un albergue autonómico.

Patricia Otero reclamoulle ao goberno galego que “exerzan as súas competencias, gobernen e non busquen só a confrontación co goberno central” logo de que o presidente da Xunta estivera durante o confinamento “reclamando día tras día a xestión da pandemia”.

Sinalou as “peculiaridades destes centros de traballo itinerantes que, polo tamaño das embarcacións e pola dinámica da súa propia actividade, dificultan o cumprimento das medidas para paliar a covid – 19.

Compartir
Publicado por
PSdeG

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08