Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista reclámalle á Xunta que destine 30,5 millóns de euros para os bonos sociais térmico e eléctrico

Begoña Rodríguez Rumbo lamenta a falla de apoio do goberno galego ao 13,1 por cento dos galegos e das galegas, que carecen de recursos para manter unha temperatura axeitada

Santiago de Compostela, 16 de febreiro de 2023. A portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, reclamoulle hoxe á Xunta que destine 30,5 millóns de euros de euros para axudar aos galegos e galegas con dificultades para contar con subministro de electricidade ou para manter a calefacción prendida. Rodríguez Rumbo presentou unha pregunta oral á Xunta para reclamarlle que axilice o pago dos bonos sociais térmico e eléctrico, dos que a maior parte proceden do Estado.

A responsable socialista criticou que o goberno galego “non está a facer todo o que pode” para axudar aos galegos e galegas con dificultades reais, malia que o Orzamento para 2023 conta con 1.239 millóns de euros adicionais por enriba do ano anterior, na súa maior parte procedente de fondos transferidos do Estado.

Sen embargo, o 13,1 por cento dos galegos e das galegas non poden manter unha temperatura axeitada nos seus fogares, un 25,2 por cento da poboación, 678.000 galegos e galegas, están en risco de pobreza e exclusión, e 237.000, o 8,8 por cento dos galegos e das galegas, xa están en pobreza severa.

Sinalou que o goberno galego “se quere, pode” axudar a estas persoas porque “ten recursos dispoñibles, e pode adiantar cartos para axudar ás familias máis vulnerables”. Criticou a falla de iniciativas do goberno galego para apoiar a estas persoas, que contrasta co “paraugas social” despregado polo executivo central.

Rodríguez Rumbo lamentou que no canto de empregar os recursos postos a disposición polo goberno central, os responsables do goberno galego “veñan facer un ridículo importante” ao responsabilizar a Pedro Sánchez da alza de prezos dos combustibles e da enerxía “en España e tamén en toda Europa”.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08