Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista alerta fronte ao uso electoral de recursos públicos da Xunta e esixe un reparto obxectivo dos fondos para concellos anunciados onte

Begoña Rodríguez Rumbo esíxelle a Rueda unha “explicación clara” sobre os criterios de reparto dos 15,6 millóns de euros adicionais de cooperación local aprobados onte

A portavoz de Facenda e Política Municipal do Grupo Socialista, Begoña Rodríguez Rumbo, vén de esixirlle á Xunta que garanta o reparto obxectivo e equitativo dos 15,6 millóns de euros adicionais de cooperación local anunciados onte. Rodríguez Rumbo lamentou a “resposta titubeante” ofrecida onte polo presidente da Xunta e demandou “criterios claros” que garantan unha xestión “impecable” dos recursos públicos en período preelectoral.

A responsable socialista esixiulle ao goberno galego que “abandonen calquera intención de facer un reparto de fondos a modo de pedreas da lotería” para beneficiar a candidaturas afíns nas próximas eleccións municipais. Rodríguez Rumbo anunciou neste sentido unha batería de iniciativas parlamentarias para fiscalizar a actuación do goberno galego de aquí aos próximos comicios.

Lamentou que o cambio de titularidade no goberno galego non teña suposto sen embargo a muda das peores prácticas á hora de utilizar os recursos públicos con motivos puramente electorais, como puxo de manifesto recentemente empregando o Executivo para artellar unha campaña de promoción descarada dos candidatos municipais do PP.

Recuperou o rosario de actos ao longo de toda Galicia, comezando por Ferrol, onde que a conselleira de Infraestruturas anunciou investimentos financiados polo Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia xunto co candidato do PP deixando fora ao alcalde da localidade, o socialista Ángel Mato.

En Viveiro, o delegado territorial do goberno galego fixo a entrega de chaves dunha vivenda en Mondoñedo e Viveiro xunto co alcalde da primeira localidade, do PP, e o portavoz de Viveiro, do mesmo partido, pero no que a alcaldesa, María Loureiro, foi excluída. O mesmo sucedeu en Vilalba, onde os concelleiros do PP e o delegado territorial anunciaron proxectos de mellora no IES Lois Peña nun acto no que a alcaldesa, a socialista Elba Veleiro, non foi convidada.

Lembrou que o delegado territorial da Xunta en Pontevedra anunciara a través da web da Xunta varios investimentos para o concello xunto coa candidata do PP nun acto para o que a alcaldesa socialista Verónica Pichel, tampouco foi avisada, mentres o xerente da área sanitaria de Pontevedra confirma melloras no PAC ao candidato do PP pero non á alcaldesa Marta Freire.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Elena Espinosa esíxelle á Xunta que responda cun Plan de continxencias ao “clamor da rúa” polas eivas na sanidade de Vigo no verán

Reclama un “cambio real” para evitar que se repita o colapso da Atención Primaria e Hospitalaria do pasado verán provocado…

16/05/2024 13:32

Carmen Dacosta reclámalle á Xunta que mellore a planificación dos recursos sanitarios diante da “situación catastrófica” da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Esíxelle á nova xerencia da área que reforce o persoal sanitario para garantir a asistencia sanitaria de calidade que merecen…

16/05/2024 13:28

Julio Abalde reclámalle á Xunta que “poña as pilas” e elabore un Plan estratéxico diante da caída da produtividade marisqueira

Reivindica axudas para garantir a supervivencia dun sector estratéxico para Galicia   O portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Julio…

15/05/2024 14:38

Paloma Castro acusa á Xunta de “retroceder máis de 20 anos” nas política de Igualdade por seguir as teses da extrema dereita

Censura a devaluación da antiga Secretaría Xeral de Igualdade no novo goberno e alerta de que a reintegración do concelleiro…

15/05/2024 14:05

Besteiro esíxelle a Rueda “valentía” para atender ás demandas de transparencia formuladas pola Valedora e o Consello de Contas

Repróchalle ao presidente da Xunta que o PP se descolgara onte dun acordo parlamentario para pedir a continuidade das bonificacións…

15/05/2024 11:56

O Parlamento aproba a proposta socialista para instar á Xunta a promover políticas que impulsen a incorporación da muller ao traballo de calidade

Carmen Rodríguez Dacosta criticou que o PP, cando chegou ao Goberno no 2009, “eliminou todas as políticas de igualdade no…

14/05/2024 20:09