Categorías: Actualidade

O Grupo Socialista reclama unha auditoría de resultados sobre as irregularidades detectadas nos contratos da Xunta en pandemia

Patricia Iglesias advirte que empresas vencelladas co cuñado de Feijóo e a parella de Ayuso recibiron contratos por máis de 20 millóns de euros e alerta dun “modus operandi que sempre favorece ao entorno do PP”

Santiago de Compostela, 04 de abril de 2024. A portavoz de Calidade Democrática e Transparencia do Grupo Socialista, Patricia Iglesias, reclamou hoxe unha auditoría operativa de resultados sobre os contratos da pandemia para clarificar as “moitas irregularidades e deficiencias” que sinalou o Consello de Contas en dous informes consecutivos. A responsable socialista esixiu “luz” sobre as contratacións da Xunta e, apuntou, “se como di o PP non hai nada que agochar, logo non terán nada que temer”.

Iglesias anunciou unha batería de iniciativas parlamentarias para que o Consello de Contas continúe coa súa tarefa de fiscalización na que apuntou a numerosas irregularidades cos contratos da Xunta durante a pandemia. Estas inclúen falta de información, expedientes insuficientemente xustificados, falta de xustificación do procedemento de urxencia, desfases de centos de miles de euros nos informes dos contratos de mascarillas, contratos verbais, documentos sen data ou incumprimento de requisitos nos expedientes.

Advertiu dun “modus operandi que sempre favorece ao entorno do PP” xa que, como se están a coñecer grazas aos informes do ente fiscalizador, as dúas empresas vencelladas ao cuñado de Feijóo e a parella de Ayuso víronse beneficiadas por contratos por máis de 20 millóns de euros en pandemia. Lembrou que estes contratos pasaron polos consellos da Xunta nos que estaban presentes tanto o anterior presidente do goberno galego, Núñez Feijóo, como o actual.

A responsable socialista sinalou que esta situación provoca un “conflito de intereses aparente” de acordo co artigo 64 da Lei de Contratos do Sector Público, a Lei de Incompatibilidades de Altos Cargos ou a Lei de Transparencia. Reclamoulle aos grupos parlamentarios que apoien as propostas que presentarán os socialistas para instar ao Consello de Contas a que fiscalice as operacións coas 11 empresas que agrupan a maior parte dos contratos de emerxencias.

Patricia Iglesias explicou ademais que en termos comparativos, segundo os informes dos consellos de contas autonómicos e o Tribunal de Cuentas, Galicia foi unha das comunidades autónomas que máis incumpriu cos requisitos de contratación durante a emerxencia sanitaria. Dixo que non tivo en conta a publicidade e transparencia, deu entrada a empresas sen solvencia técnica e non relacionadas co mundo sanitario para prover de mascarillas ou facer o rastreo de pacientes.

Lembrou que a día de hoxe “descoñecemos que foi dos 159 millóns de euros de fondos covid para sanidade enviados polo goberno central a Galicia pero que se atopan en destino descoñecido, cando o único que sabemos de certo é que non foron dedicados á Sanidade”.

Urxiu ademais a regular os conflitos de intereses para evitar que se repitan este tipo de feitos baixo o paraugas dunha normativa “laxa” na materia, e subliñou a falla dunha Oficina Independente de Anticorrupción en Galicia. Reclamou por iso que o órgano fiscalizador continúe co seu traballo á vista dos indicios detectados.

Compartir
Publicado por
PSdeG-PSOE

Últimas novas

Besteiro chama á “unidade de acción” para “reactivar” ao PSdeG en torno a un proxecto autónomo

O secretario xeral do PSdeG clausura o Congreso Extraordinario no que se aprobou unha nova Executiva paritaria con Luis Ángel…

28/04/2024 14:24

O PSdeG esíxelle a Feijoo que pare coa “deriva antidemocrática” e empraza a Rueda a apartarse do “vergoñento argumentario de Génova”

A presidenta do PSdeG, Carmela Silva, dirixiuse hoxe ao PP para esixirlles que “paren esta deriva antidemocrática” de “bulos, ameazas,…

26/04/2024 14:36

Lara Méndez aplaude a reforma da PAC, que cualifica de “oportunidade” para os agricultores galegos

Sinala que a redución da carga burocrática e as esixencias aos agricultores e gandeiros de explotacións de menos de 10…

25/04/2024 13:28

O Grupo Socialista esíxelle a Feijóo e ao PP que “poñan fin” á oposición “máis sucia da democracia”

Lara Méndez lembra a estratexia de “mentira e acoso” político xudicial coas que atacaron aos socialistas galegos, dende Besteiro aos…

25/04/2024 12:57

Carmen Dacosta esíxelle á Xunta que resolva o colapso da área sanitaria de Ourense, Verín e Valdeorras

Carmen Dacosta alerta da situación límite dos servizos de Urxencias, Oftalmoloxía, Rehabilitación e Atención Primaria e as deficiencias materiais na…

25/04/2024 12:32

Paloma Castro reclama máis persoal e recursos para os xulgados que tratan casos de violencia de xénero

Lembra que só o 30 por cento das vítimas presentan denuncia e emprazou á Xunta a presentar un Plan para…

24/04/2024 13:08